Inicio Val Miñor Baiona Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia asinan un convenio de...

Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia asinan un convenio de colaboración para a elaboración dunha guía sobre o emprego da cor e dos materiais nas edificacións

xunta-e-o-colexio-de-arquitectos-de-galicia-asinan-un-convenio-de-colaboracion-para-a-elaboracion-da-guia-sobre-o-emprego-da-cor-e-dos-materiais-nas-edificacions

A Real Vila de Baiona foi testemuña da sinatura entre a Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), dun convenio de colaboración para a elaboración da Guía que se prevé, estea lista entre setembro e outubro. 

No acto estiveron presentes o Presidente da Xunta de Galicia, a Conselleira de Medio Ambiente, o Alcalde de Baiona e o Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a Guía das cores e os materiais será “unha guía de man contra o feísmo” e permitirá acadar unha paisaxe máis equilibrada e harmoniosa ao ofrecer pautas sobre as paletas de cores máis congruentes para unha edificación e os revestimentos arquitectónicos que mellor casan coas características da contorna.

Durante a sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia para a elaboración desta guía, Feijóo precisou que o documento partirá dun traballo previo, que identifique as fachadas máis habituais en cada unha das 12 zonas paisaxísticas que recolle o Catálogo das paisaxes e procurará atopar analoxías coa arquitectura popular destas áreas.

“Para facer un proxecto deste calibre contamos coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da sociedade galega: organizamos 20 talleres e 9 visitas a centros e asociacións, contamos coa colaboración de 400 axentes vinculados á arquitectura e o paisaxismo e coas achegas dun centenar de asociacións, ademais de recoller as suxestións de case 600 usuarios a través da internet”, precisou. Isto permitiu identificar máis de 2.000 lugares de interese paisaxístico.

O titular da Xunta explicou que o COAG escollerá nun concurso os seis equipos que van deseñar a guía, cada un deles encargado de dúas áreas paisaxísticas. Estes expertos terán en conta as achegas recibidas no proceso de participación pública para facer as recomendacións de cores e materiais que máis se parezan a Galicia.

Cómpre salientar ademais que esta guía poderá servir como fundamento e axuda para que os plans urbanísticos e os instrumentos de ordenación do territorio as concreten e as detallen. “Queremos facer unha guía aberta ao futuro, fiel ás tradicións e receptiva ás innovacións”, aseverou, incidindo en que coa nova Lei do solo, coa Estratexia da paisaxe 2014-2016 e cos documentos que se enmarcan nela, como o Catálogo e as Directrices da paisaxe e esta Guía das cores e materiais, “queremos que Galicia sexa máis verde, máis azul e máis diversa”.

Logo de expresar o seu convencemento de que a finais de setembro ou principios de outubro poderase entregar a Galicia o documento para ter esta guía, Feijóo lembrou que o principio fundamental da nova Lei do solo é unha Galicia coidada, ordenada e sustentable, un marco perfecto para un crecemento responsable. Subliñou tamén que o Catálogo das paisaxes de Galicia reflicte o esforzo do Goberno galego por plasmar a diversidade e identificar as diferentes paisaxes que conforman Galicia xa que define: as 12 grandes áreas paisaxísticas, os 258 tipos de paisaxe que resultan da combinación de 5 clases de relevo, 12 tipos de uso e 5 clases de clima e, aínda máis polo miúdo, máis de 28.000 unidades de paisaxe pertencentes a algún deses 258 tipos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies