spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Xunta compromete un investimento de 40.000 euros para a nova biblioteca...

A Xunta compromete un investimento de 40.000 euros para a nova biblioteca de Baiona 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, comprometeu un investimento próximo aos 40.000 euros para dotar de equipamento á nova biblioteca municipal de Baiona.

Tal e como avanzou o conselleiro con motivo da súa visita ao municipio, este compromiso plasmarase nun convenio de colaboración co Concello, que se prevé asinar neste mesmo mes.

O titular do departamento de Cultura do Goberno galego avanzou este apoio á nova biblioteca durante a reunión que mantivo co alcalde, Ángel Manuel Rodal, e na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; e mais a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.

Durante a xuntanza abordáronse outros temas de interese para o concello relacionados co ámbito cultural e patrimonial. Neste sentido, o conselleiro tamén manifestou a intención do seu departamento de abordar a restauración da igrexa de Santa María de Baiona.

En canto ao ámbito educativo, cómpre lembrar que a Consellería vén de realizar un forte investimento no CEIP de Fontes-Baíña, onde nos dous últimos anos (2016 e 2017) se investiron máis de 170.000 euros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.