spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda asinan...

A Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda asinan o convenio para a construción da Porta do Trega

axencia-turismo-galicia-e-concello-da-guarda-asinan-convenio-construcion-da-porta-do-tregaA directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, asinaron esta mañá o convenio para o proxecto de construción dunha área de información e control ao Monte Santa Trega, denominado Porta do Trega.

O Concello recibirá unha contía total de 200.000 euros para acometer as obras de mellora do punto de control de visitantes, a construción dun novo punto de información e unha zona de servizos, ademais da modificación das vías de entrada.

O proxecto toma o nome da similitude estética da obra cunha porta de acceso ao monte, dentro da cal se incluirán as áreas de información, recepción e servizos. Neste sentido, Nava Castro destacou a necesidade do proxecto, considerado como “prioritario” pola Axencia de Turismo de Galicia, por ser “unha forma de promoción” coa que se dota dunha mellor recepción aos milleiros de visitantes que cada ano se achegan a este emblemático destino turístico.

O alcalde da Guarda, pola súa parte, quixo destacar a importancia “tamén de cara ao futuro” das melloras que se pretenden co proxecto, de xeito que estas obras sirvan tamén como base para a optimización da xestión do Monte Santa Trega nos próximos anos.

o-padroado-dalle-os-parabens-a-proposta-porta-do-trega-espazo-de-recepcion-dos-visitantes-que-suben-ao-monteO custo total do proxecto ascende a 220.000 euros, dos cales o Concello da Guarda asumirá 20.000€. Preténdese que a obra estea completada o próximo verán, sempre e cando se consiga o necesario permiso da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Leer máis: O padroado dálle os parabéns á proposta ‘Porta do Trega’, espazo de recepción dos visitantes que suben ao monte.

 

 

- Publicidade -spot_img