Inicio Val Miñor Gondomar Xornadas de deporte e solidaridade en Gondomar

Xornadas de deporte e solidaridade en Gondomar

xornadas-de-deporte-e-solidaridade-en-gondomar

Estas Xornadas de deporte e solidaridade están organizadas pola Concellería de Deporte que dirixe Nuria Lameiro e este ano o evento está programado para os días 26, 27, 28, 29 e 30 no Pavillón de Deportes do municipio.

As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 10 a 14h e están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Para poder efectuar a inscricións os participantes deberán achegarse o  Pavillón de deportes en horario de 17:30 a 20:00 antes do día 21 de este mes e aportar 2kg de alimentos no perecedoiros o primeiro día das xornadas.

As prazas son limitadas e as actividades que se incluen ademáis de deportes como baloncesto, fútbol, hockey, tenis de mesa, atletismo, pilates infantil ou zumba,  son talleres de educación viaria e de primeiros auxilios e saidas de todo tipo. O derradeiro día,  para o peche de estas xornadas deportivas e solidarias  organizaranse xogos o estilo das cucañas populares.

Todas as actividades están orientadas os nenos e nenas, que en todo momento estarán acompañados de monitores. Para levar a cabo as actividades os participantes dividiránse en grupos por rangos de idade, de maneira que todos poidan desfrutar de todas as actividades programadas.

Para información e consultas deportes@concellodegondomar.com ou a través do teléfono 608 74 83 93.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies