spot_img
InicioVal MiñorNigránXornada festiva en Chandebrito con motivo do Día Internacional do Lupus e...

Xornada festiva en Chandebrito con motivo do Día Internacional do Lupus e dos 25 anos de AGAL

Xornada festiva en Chandebrito con motivo do Día Internacional do Lupus e dos 25 anos de AGALAsociación Galega de Lupus (AGAL), Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito unen forzas este sábado 14 de Maio para organizar a ‘I Foliada Solidaria AGAL’ como eixo central dos actos en Galicia polo día mundial desta enfermidade o 10 de Maio e como parte da programación do Concello polas Letras Galegas.

Esta se desenvolverá durante todo o día na carballeira de Rapadouro (ao carón do campo de fútbol da parroquia) co obxectivo de que sexa unha xornada festiva, visibilizar a enfermidade, ofrecer información cercana e confraternizar. No lugar instalarase unha carpa onde se poderá degustar unha ampla oferta gastronómica a prezos populares (polvo, churrasco, polo, empanadillas, rosquillas…) e xogos tradicionais para os cativos.

Revista COUSAS DE Nº13

“Animamos á veciñanza a que acuda coa familila e participe nesta foliada ou na plantación do mediodía porque é un xeito de amosar o apoio e a solidariedade de Nigrán con todas as persoas que sufren lupus e que acudirán desde toda Galicia”, anima o alcalde, Juan González, quen amosa a “honra” que supón para o municipio que asociacións como AGAL escollan a localidade para realizar eventos de sensibilización.

“Existen moitos congresos científicos e médicos, pero desde AGAL botabamos en falta máis xornadas lúdicas como esta para difundir información dunha forma cercana, visibilizar a enfermidade e, por suposto, tamén divertirnos confraternizando”, explican desde a asociación, onde estiman en 2.500 os afectados en Galicia. “A media de diagnóstico é de 6 anos, o máis común é que se presente coma unha dor articular, cansancio, caída de pelo… Por iso son moi necesarios estes actos de convivencia que poden dar unha pista a moita xente que non sabe que é o que realmente lle sucede”, explican desde AGAL.

A xornada arrancará ás 12:00 horas coa plantación ao carón da carballeira de 25 árbores autóctonas (nogais, castaños e sobreiras) doadas pola Comunidade de Montes e que simbolizarán o cuarto de século de AGAL e, ao mesmo tempo, subliñarán a sombra que tanto precisan os enfermos de lupus (a maioría son fotosensibles). Ás 12:30 será a sesión vermú cos gaiteiros de Chandebrito e xa pola tarde, desde as 17:00, será a foliada coa actuación do grupo de gaitas ‘A Merced de Chaín’, Pandereteiras do Sobreiro, Os Muiños de Barciademera, Pandereteiras Traspés, Cores do Sobreiro de Borreiros, Lagharteiras, cuarteto de gaitas Érvedo e Pándega das Teixugueiras.

Lupus

O  lupus  eritematoso  sistémico (LLES) é unha enfermidade  autoinmunitaria crónica e inflamatoria. Nesta enfermidade, o sistema  inmunitario do corpo ataca por erro o tecido san e pode afectar á pel, ás articulacións, aos riles, ao cerebro e outros órganos. A causa do LLES non se coñece claramente, podería ser factores xenéticos ou ambientais. É moito máis común en mulleres que en homes por aproximadamente de 10 a 1. Pode presentarse a calquera idade. Con todo, aparece con maior frecuencia en mulleres novas entre os 15 e 44 anos.

- Publicidade -spot_img