Inicio Pontevedra Baixo Miño Xogadores de baloncesto de España e Portugal participan ata este sábado no...

Xogadores de baloncesto de España e Portugal participan ata este sábado no IV Campus Joe Arlauckas en Tui

Setenta xogadores de baloncesto de España e Portugal participan ata este sábado no IV Campus Joe Arlauckas en Tui.  Trátase dun campus singular e diferente ao que se celebra noutros lugares en palabras do propio Joe Arlauckas, quen hoxe na presentación do mesmo explicou que esa é a filosofía desta actividade dende a primeira edición e a aposta que se mantén de cara a anos vindeiros.

O salón de sesións da Casa do Concello de Tui acolleu esta mañá a presentación do Campus coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, Joe Arlauckas director do Campus, Sindo Bargiela da organización, e Salva Arco, xogador da ACB que hoxe compartiu experiencias cos participantes do Campus. Tamén estivo presente Lucila Pascua quen participará nos Xogos Olímpicos coa Selección Española absoluta, e previa a súa viaxe á Río tamén se achegou  a compartir o día cos xogadores concentrados en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou o empeño do seu equipo de goberno en difundir a imaxe da cidade no ámbito nacional e internacional, algo que é posible tamén grazas ás persoas que se implican na organización de eventos. Nese senso agradeceu a Joe Arlauckas o vídeo promocional da cidade que gravou o ano pasado e que tivo unha gran acollida. Tamén salientou coma o Clínic de adestradores celebrado o pasado sábado coa presenza entre outros, de Zelko Obradovic, o que dicía o rexedor tudense “lle deu un impulso importante e significativo” e que contribuíu a dar unha maior dimensión aos eventos deportivos que se celebran na cidade.

Sindo Bargiela, en nome da organización quixo agradecer o apoio recibido dende o Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra e distintas casas comerciais.

O Campus será clausurado este sábado tras unha semana de intensa actividade con dous adestramentos diarios, torneos e charlas. O sábado ás 12.30h xogaranes as finais dos distintos torneos e aproximadamente unha hora despois terá lugar a entrega de premios por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro,  o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso e o  director do Campus, Joe Arlauckas. Tamén o sábado pola mañá está prevista unha visita guiada a Tui para os familiares do s xogadores participantes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies