Inicio Pontevedra O Salnés XLIII Festa do Viño Tinto do Salnés de Ribadumia

XLIII Festa do Viño Tinto do Salnés de Ribadumia

Festa Viño Barrantes Ribadumia

O Concello de Ribadumia e a Asociación de Viticultores Viño Tinto do Salnés presentaron hoxe na Adega de Seso a programación da XLIII Festa do Viño Tinto que se celebra o vindeiro fin de semana en Barrantes, do 5 ao 7 de xuño. Segundo explicou a alcaldesa Salomé Peña, “a festa do tinto preséntase baixo tres eixes fundamentais: promover o noso viño tinto, a nosa gastronomía e un programa variado tanto musical como deportivo coa nosa protagonista BTTinto. Durante a presentación a alcaldesa de Ribadumia estivo acompañada polos seus concelleiros, varios membros da Asociación de Viticultores do Viño Tinto do Salnés, da comisión de festas e da Honorable Orde dos Valedores do Viño Tinto do Salnés.

Ribadumia aposta na XLIII Festa do Viño Tinto do Salnés pola exaltación ao viño de Barrantes, a gastronomía e variedade musical e deportiva

A festa inaugúrase o venres as 13:00 horas, coa apertura dos stands de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonas. Os visitantes poderán disfrutar da última colleita nos postos de venta de viño. As catas previas realizadas está semana para seleccionar aos colleiteiros garanten que na carpa principal da festa se reúnen os mellores tintos da tempada. A inauguración estará amenizada ó cargo da Banda de Gaitas Penaguda de Meaño.  Ás 20:30 horas terá lugar a tradicional Misa Cantada polo Coro de Barrantes na Capela de Barrantes e posterior procesión coa Banda de Música Municial de Ribadumia.

A noite pecharase co concerto do grupo de música MILLADOIRO na Carballeira de Barrantes e a entrada é de balde. Antes do grupo amenizará a noite a orquestra Pontevedra,  e para despois do concerto a orquestra Televisión na rúa principal de Barrantes.

O sábado comezará en Barrantes coa actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e dos Danzantes de Cobas. Estes últimos actuarán na Carballeira de Barrantes durante a cata final dos viños seleccionados, que comeza ás 13:00 horas. Será momento de que a Honorable Orde invista aos seus valedores deste ano, entre os que se atoparán persoas que pola súa traxectoria persoal ou profesional colaborasen na promoción e difusión do viño tinto de Barrantes e da súa festa.

O pregón desta corenta e tres edición da festa correrá a cargo do dúo humorista “As lerchas”, integrado por Sally Torres y Mari Rivadulla e coñecidas polas súas intervencións humorísticas no programa Luar. “As lerchas” xurdiron hai cinco anos, e despois do éxito acadado no seu municipio natal –A Estrada- , triunfaron no panorama autonómico grazas ó seu humor e ocorrencias. O pregón está previsto para as 13:30 horas e despois, os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de viño tinto, pan de millo e chourizo.

O xantar de confraternidade, no que se dan a coñecer os colleiteiros gañadores desta edición da festa, contará con moita participación no Pavillón Municipal de Barrantes. Alí tamén se entregaran os premios ós mellores Tintos desta edición, así como ás mellores camisetas das peñas. Cabe destacar que o prazo para comprar as entradas amplíase ata o venres da semana que vén.

A tarde do sábado está destinada para os nenos, coa Festa Infantil na Praza do Concello, na que se mesturan animación e inchables, mentres que pola noite a música correrá a cargo das orquestras Sintonía de Vigo e Costa Oeste. Pola súa parte, PANORAMA subirá ao escenario da Carballeira de Barrantes o domingo, como peche da festa.

Domingo

Pero non o farán sen antes disfrutar dun domingo no que a programación combina deportes e cultura. A xornada amencerá ás 9:30 horas coa IV Ruta BTTinto, acompañada dunha andaina, unha combinada e un trail, este último presentado como novidade este ano.  Os premios entregaranse ás 14:00 horas na Praza do Concello. Ás 20:00 horas, previo a Panorama, Añoranza Folk deleitará ó público da Praza do Concello cun concerto de música popular.

Segundo explicou Salomé Peña durante a presentación, “nestes últimos anos estivemos a traballar moito na calidade desta festa para que os visitantes que se acheguen ata Barrantes teñan facilidade para chegar, tanto por aparcamentos como por sinalización e veñan ata a carpa grande que estará instalada na rúa principal a disfrutar da festa con nós.  

 

 

 

  • A festa inaugúrase o venres co concerto de MILLADOIRO na Carballeira de Barrantes
  • O coñecido dúo “As lerchas”, serán as pregoeiras desta edición

 

Ribadumia, 28/05/15.- O Concello de Ribadumia e a Asociación de Viticultores Viño Tinto do Salnés presentaron hoxe na Adega de Seso a programación da XLIII Festa do Viño Tinto que se celebra o vindeiro fin de semana en Barrantes, do 5 ao 7 de xuño. Segundo explicou a alcaldesa Salomé Peña, “a festa do tinto preséntase baixo tres eixes fundamentais: promover o noso viño tinto, a nosa gastronomía e un programa variado tanto musical como deportivo coa nosa protagonista BTTinto. Durante a presentación a alcaldesa de Ribadumia estivo acompañada polos seus concelleiros, varios membros da Asociación de Viticultores do Viño Tinto do Salnés, da comisión de festas e da Honorable Orde dos Valedores do Viño Tinto do Salnés.

 

A festa inaugúrase o venres as 13:00 horas, coa apertura dos stands de viño tinto tipo Barrantes e de variedades autóctonas. Os visitantes poderán disfrutar da última colleita nos postos de venta de viño. As catas previas realizadas está semana para seleccionar aos colleiteiros garanten que na carpa principal da festa se reúnen os mellores tintos da tempada. A inauguración estará amenizada ó cargo da Banda de Gaitas Penaguda de Meaño.  Ás 20:30 horas terá lugar a tradicional Misa Cantada polo Coro de Barrantes na Capela de Barrantes e posterior procesión coa Banda de Música Municial de Ribadumia.

 

A noite pecharase co concerto do grupo de música MILLADOIRO na Carballeira de Barrantes e a entrada é de balde. Antes do grupo amenizará a noite a orquestra Pontevedra,  e para despois do concerto a orquestra Televisión na rúa principal de Barrantes.

 

O sábado comezará en Barrantes coa actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e dos Danzantes de Cobas. Estes últimos actuarán na Carballeira de Barrantes durante a cata final dos viños seleccionados, que comeza ás 13:00 horas. Será momento de que a Honorable Orde invista aos seus valedores deste ano, entre os que se atoparán persoas que pola súa traxectoria persoal ou profesional colaborasen na promoción e difusión do viño tinto de Barrantes e da súa festa.

 

O pregón desta corenta e tres edición da festa correrá a cargo do dúo humorista “As lerchas”, integrado por Sally Torres y Mari Rivadulla e coñecidas polas súas intervencións humorísticas no programa Luar. “As lerchas” xurdiron hai cinco anos, e despois do éxito acadado no seu municipio natal –A Estrada- , triunfaron no panorama autonómico grazas ó seu humor e ocorrencias. O pregón está previsto para as 13:30 horas e despois, os asistentes poderán participar nunha degustación gratuíta de viño tinto, pan de millo e chourizo.

 

O xantar de confraternidade, no que se dan a coñecer os colleiteiros gañadores desta edición da festa, contará con moita participación no Pavillón Municipal de Barrantes. Alí tamén se entregaran os premios ós mellores Tintos desta edición, así como ás mellores camisetas das peñas. Cabe destacar que o prazo para comprar as entradas amplíase ata o venres da semana que vén.

 

A tarde do sábado está destinada para os nenos, coa Festa Infantil na Praza do Concello, na que se mesturan animación e inchables, mentres que pola noite a música correrá a cargo das orquestras Sintonía de Vigo e Costa Oeste. Pola súa parte, PANORAMA subirá ao escenario da Carballeira de Barrantes o domingo, como peche da festa.

 

 

 

Domingo

 

Pero non o farán sen antes disfrutar dun domingo no que a programación combina deportes e cultura. A xornada amencerá ás 9:30 horas coa IV Ruta BTTinto, acompañada dunha andaina, unha combinada e un trail, este último presentado como novidade este ano.  Os premios entregaranse ás 14:00 horas na Praza do Concello. Ás 20:00 horas, previo a Panorama, Añoranza Folk deleitará ó público da Praza do Concello cun concerto de música popular.

 

 

Segundo explicou Salomé Peña durante a presentación, “nestes últimos anos estivemos a traballar moito na calidade desta festa para que os visitantes que se acheguen ata Barrantes teñan facilidade para chegar, tanto por aparcamentos como por sinalización e veñan ata a carpa grande que estará instalada na rúa principal a disfrutar da festa con nós.  

 

 

Saúdos.

Departamento de Comunicación do Concello de Ribadumia.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies