spot_img
InicioVal MiñorBaionaCampaña Escolar en Baiona de Fomento Deportes Naúticos "Semana Azul 2015"

Campaña Escolar en Baiona de Fomento Deportes Naúticos “Semana Azul 2015”

Campaña-Escolar-Baiona-Fomento-Deportes-Naúticos-Semana-Azul-2015Os próximos días 24,25, e 26 de Xuño, a Concellaría de deportes e as Actividades Marítimas do Excmo. Concello de Baiona organizan unha nova Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos “Semana Azul 2015”, nas novas instalacións de wetsport en Ladeira e o a propia praia da Ladeira como centro neurálxico do devandito programa.

Nesta nova campaña do 2015, presenta moitas novidades e a primeira é a aglutinar a mesma en tres días en xornada de mañá e tarde e onde os participantes poderán desenvolver e penetrarse en deportes náuticos como os seguintes; Vea lixeira, Pádel surf, windsurf e piragüismo.

A idea é realizar xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11.00 h até as 18.00 h realizando deportes náuticos facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repor forzas.

A Campaña consta de dous prazos de inscrición, o primeiro iníciase o 1 de xuño para os escolares dos centros públicos de Baiona e un segundo a partir do día 15 de xuño para o resto de escolares que queiran participar. Poderán participar todos aqueles interesados que cumpran os seguintes requisitos; saber nadar e ter entre 10 e 18 anos.

O día 24 de xuño para escolares de 10 a 12 anos.
O día 25 de xuño para escolares de 13 a 14 anos.
O día 26 de xuño para escolares maiores de 15 anos.

A Campaña Escolar de Fomento de Deportes náuticos é totalmente gratuíta, que a través, do Excmo. Concello de Baiona subvenciona a totalidade dos cursos así como as licenzas federativas para os escolares participantes.

A Campaña conta coa colaboración de entidades como O monte Real Club de iates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, WestSport Ladeira e Cocacola que grazas ás súas colaboracións é posible realizar un proxecto de tanta envergadura e importancia como o que se presenta.

Está nova campaña nace coa intención de fomentar e achegar o mar como espazo de lecer e deporte aos máis novos e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a nosa poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que pola nosa características xeográficas e culturais é de vital importancia no noso municipio.

Coa posta en marcha da Semana Azul do 2015, tamén se abre o período de inscricións para todos aqueles interesados en realizar algún curso de iniciación das actividades deportivas náuticas que para o presente período de verán ten previsto desenvolver o Excmo. Concello de Baiona que son: Vea Lixeira, Windsurf, Piragüismo e paddel surf.

Para maior información dirixirse ao Pavillón Deportes Municipal ou chamar ao teléfono 986 356 558 e tamén se dispón de e- mail deportes@baiona.org

- Publicidade -spot_img