Inicio Galicia XL Premio Afundación de Periodismo Julio Camba

XL Premio Afundación de Periodismo Julio Camba

A xornada de conmemoración do XL aniversario do Premio Afundación de Periodismo Julio Camba estruturarase en dúas partes. Ás 11.00 h da mañá producirase a deliberación do xurado na Sede de ABANCA en Madrid, para valorar cal dos tres artigos finalistas será, finalmente, o que se alce co galardón. O pasado mes de xuño deuse a coñecer que, con motivo desta celebración do cuadraxésimo aniversario, a resolución do premio se decidiría por primeira vez entre tres finalistas, Marta García Aller polo texto «Cuéntalo», publicado en El Independiente; Manuel de Lorenzo por «De repente, un runner», aparecido en El Progreso; e Cristina Sánchez-Andrade por «En manos de Dios», publicado en La Voz de Galicia. A continuación, terá lugar, no Círculo de Bellas Artes, ás 14.30 h, un almorzo presidido por Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA e patrón da súa Obra Social, no que se dará a coñecer o nome da persoa premiada. Ademais, farase entrega dun libro conmemorativo desta celebración no que se inclúen todos os artigos distinguidos con este galardón.

Ao Premio de Periodismo Julio Camba presentáronse nesta ocasión 114 traballos enmarcados no xénero do xornalismo literario ou de opinión. Na súa nómina de persoas distinguidas co galardón encóntranse, desde a primeira edición en 1980, Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado e Ricardo Fernández Colmenero, gañador da pasada edición. Os títulos dos artigos premiados e os medios de comunicación nos que foron publicados pódense consultar aquí.

As fotografías e os artigos das persoas finalistas están dispoñibles aquí.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies