spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA actividade hortofrutícola no Baixo Miño obxectivo dunha reunión na Zona Franca

A actividade hortofrutícola no Baixo Miño obxectivo dunha reunión na Zona Franca

A actividade hortofrutícola no Baixo Miño obxectivo dunha reunión na Zona FrancaO Consorcio da Zona Franca, a través do seu servizo de información empresarial ARDÁN, traballa na elaboración dun informe estratéxico sobre a actividade hortofrutícola na Comarca do Baixo Miño

O Delegado do Estado na Zona Franca de Vigo e as Alcaldesas do Rosal e Tomiño, e o Alcalde da Guarda, dentro do marco das reunións periódicas que veñen mantendo, tiveron unha nova reunión na que concretaron as liñas de traballo a desenvolver no informe estratéxico sobre a actividade hortofrutícola en Baixo Miño, cuxo obxectivo será favorecer o impulso dunha das actividades da comarca con maior relevancia e potencial, pero tamén, con grandes retos e desafíos #ante a novo paradigma económico.

O estudo incluirá un diagnóstico da situación real, unha análise das oportunidades e ameazas da contorna económica actual e futuro, así como as debilidades e fortalezas do sector. Analizaranse exhaustivamente casos de éxito noutras rexións do mundo que poidan resultar inspiradores e, finalmente, concretaranse liñas de acción para o impulso definitivo do sector.

Colaborarán neste estudo, que se poñerá en marcha de maneira inmediata, AcuBam, asociación que aglutina ás empresas da comarca que traballan no agro, ( hortícolas, produtoras de flor cortada e viveiros, empresas auxiliares e transporte) e técnicos do Consorcio.

Os alcaldes do Baixo Miño puxeron de manifesto o excelente punto de partida para o estudo. E é que os concellos, produtores e outras empresas da cadea de valor apoian de forma unánime o proxecto e están decididamente implicados no esforzo conxunto.

Pola súa banda, Zona Franca destaca a necesidade de levar a cabo acciones e programas de calado, que teñan un impacto real no desenvolvemento económico e social das comarcas e que proporcionen aos habitantes do rural un medio de vida digno que permita ás xeracións presentes e futuras seguir crecendo no seu territorio

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.