spot_img
InicioVal MiñorGondomarXeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro...

Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez

Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.

Este mércores 13 de agosto terá lugar unha visita do Instituto de Estudos Miñoranos ao legado medieval na parroquia de Parada e centrada na figura de Sueiro Iáñez.

O punto de encontro será ás 17:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo – Gondomar), e contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome. A participación é gratuíta e non require inscrición previa.

A xeira percorrerá o Monte Castelo, con especial atención ao espazo que ocupaba o castelo de Santa Helena. Seguirá pola igrexa de Santiago de Parada, cuxa arquitectura remóntase ao románico final datada en 1182. Posteriormente visitarase a Casa de Parada, lugar onde atopábase a residencia de Sueiro Iáñez , nomeado Cabaleiro por Pedro I. Finalizarase no Cruceiro de Parada, o máis antigo dos datados no Val Miñor (século XVI).

O percorrido terá como fío principal a figura de Sueiro Iáñez de Parada. Personaxe crucial durante os conflitivos anos da guerra entre Pedro I “O Cruel” e Henrique II Trastámara (1366-1369), enfrontamento armado que en Galicia se prolongou durante dúas decisivas décadas (1366-1387). Señor do castelo de Parada, das fortalezas de Romai, da vila da Guarda, da Vilavella de Redondela, de Entenza, de Bouzas, Coruxo, Bembrive e outras xurisdicións e polo tanto un dos máis poderosos cabaleiros destas terras de Turonio.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.