spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acolle o Frades Sunset Festival

Baiona acolle o Frades Sunset Festival

Frades Sunset Festival.O mércores 13 de agosto dende un dos cantos máis especiais e inmellorables ao pé da praia dos Frades, arranca o FRADES SUNSET FESTIVAL

A partir das 20:00hrs, poderase gozar dun Festival de música en directo, con sesión chillout, performance, animación e Gogós a beiras do atlántico e considerando a posta de sol. Entre os artistas que conforman o cartel contamos con Groove Amigos, Traffic House, Yaggo, David Carrera e Pablo Méndez coa actuación estelar de Brian Cross, unha das grandes promesas do dance en España. Vido dende Eivissa onde conta cunha festa propia. Foi nomeado mellor Dj español internacional e aos seus 26 anos chega ás praias de Baiona despois de picar para medio mundo.

Unha noite enchida de encanto que foi organizado conxuntamente polo Concello de Baiona e Aceba nunha aposta polos festivais de música Dance e puxo en valor un ámbito natural inmellorable como é a praia dos Frades.

- Publicidade -spot_img