Vontade recibe unha axuda de 9.000 euros para financiar o transporte adaptado

A Asociación de persoas con discapacidade do Baixo Miño  “Vontade”, recibiu unha axuda por valor de 9000 euros de parte da Obra Social La Caixa, para axudar a financiar os gastos ocasionados polo transporte adaptado que utilizan 19 usuarios e usuarias da entidade.

Ao acto de entrega do talón, celebrada este mediodía na sede de Vontade, asistiron o director de Área de Negocios de Pontevedra Sur, Igor de las Heras; o director da Oficina de La Caixa en Tui, Alberto Sorribas, e o presidente da Asociación Vontade, Miguel Pazo, acompañado por usuarios do centro.

A cantidade aportada pola obra social de La Caixa destinarase a sufragar parte dos gastos ocasionados polo transporte adaptado, dos que se benefician a diario 19 persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño e arredores.

Os devanditos gastos ascenden a máis de 36.700 euros ao ano, e supoñen o funcionamento de tres liñas adaptadas que percorren en total 398 Km. diarios.

Os usuarios de Vontade manifestaron o seu agradecemento á entidade bancaria, que é unha das poucas que manteñen unha obra social interesada en investir en proxectos de alcance socio comunitario.

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies