Proxección do documental ‘O lado escuro do carbón, as voces silenciadas’ en Pontevedra

Proxección do documental 'O lado escuro do carbón, as voces silenciadas' en PontevedraO documental ‘O lado escuro do carbón, as voces silenciadas’, producido por Greenpeace, poderá verse o venres 9 nun acto organizado dentro da plataforma ‘Galicia, un futuro sen carbón’

“Hai que seguir a loitar, se non queremos morrer ou se non queremos que nos maten. E para deixar un futuro para os nosos fillos e que sexa unha alternativa ao carbón e ás térmicas”, José Luís García, activista antitérmica de Asturias. Esta é só unha das testemuñas recolleitas por Greenpeace no seu documental “O lado escuro do carbón, as voces silenciadas” que se proxectará este venres 9 en Pontevedra.

Fábrica de cambio climático e de numerosos impactos ambientais, sociais e na saúde, o carbón deixa un escuro rastro tras de si. Para documentar as consecuencias da súa queima e produción, un equipo de xornalistas e documentalistas percorreu diversos puntos da xeografía carboeira de España. Como resultado desta viaxe nace o documental “O lado escuro do carbón”, protagonizado por quen sufriron e sofren acotío as consecuencias de convivir cun combustíbel fósil que envelena o planeta e os seus habitantes.

Médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais explican as consecuencias da queima e extracción de carbón nun emotivo documental producido por Greenpeace

Neste documental descubrimos o lado máis oculto do carbón da man de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción. Estas voces, case que sempre ignoradas, son as protagonistas deste emotivo relato enchido de dificultades mais tamén de esperanza.

Greenpeace, produtora do documental, organiza xunto coa plataforma Galicia un futuro sen carbón (da que forma parte) a proxección do documental cun coloquio para poder coñecer de primeira man “O lado escuro do carbón”.

TRAILER AQUÍ

Día: venres 9 de novembroHora: 19:45
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra (salón de actos)
Enderezo: Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

*Entrada de balde e libre até completar capacidade

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies