spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeza e Tabeirós - Terra de MontesVolven as Rutas das Maceiras en Flor con catro percorridos pola plantación...

Volven as Rutas das Maceiras en Flor con catro percorridos pola plantación de Callobre con visita ás sidrerías da Estrada

volven-as-rutas-das-maceiras-en-flor-con-catro-percorridos-pola-plantacion-de-callobre-con-visita-as-sidrerias-da-estrada

 

As rutas, completamente gratuítas e para as que abren as inscricións o vindeiro mércores, día 17, desenvolveranse en catro sidrerías da comarca de Tabeirós-Terra de Montes

Revista Cousas de nº21

A Deputación de Pontevedra celebrará o vindeiro 27 de abril catro novas Rutas das Maceiras en Flor, coas que, segundo o presidente provincial, Luis López, “queremos desestacionalizar a demanda e dinamizar o interior da provincia, así como ofrecer unha oportunidade única de desfrutar deste fermoso espectáculo floral”. Serán catro rutas nas que se visitarán catro sidrerías singulares (Rabiosa, Peroja, Ribela e Camino), situada na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, en concreto, en distintos puntos da Estrada, líder na produción de mazá ecolóxica.

Todas as rutas comezarán visitando a plantación de Callobre e a sobreira de Valiñas, un exemplar duns 300 anos de antigüidade situado no Pazo de Valiñas, cunha altura aproximada de 22 metros e un dos máis importantes desta especie en toda Galicia. Ao finalizar a visita á plantación, será o momento de coñecer unha das catro sidrerías participantes, na que se poderá desfrutar, ademais, dunha cata degustación de produtos.

Cada unha das rutas contará con 40 prazas, é dicir, haberá un total de 160, que se adxudicarán por orde de inscrición e poderán reservarse no formulario que estará habilitado na web de Turismo Rías Baixas a partir do vindeiro 17 de abril, ás 9:00 horas. Outorgaranse por estrito orde de inscrición e só se poderán solicitar un máximo de 4 prazas por reserva. As visitas inclúen, ademais, o traslado en autobús desde Pontevedra (con saída e chegada desde a capela de San Roque), pero as persoas que o desexen tamén se poderán desprazar pola súa conta ata o punto de encontro.

- Publicidade -spot_img