spot_img
InicioO MorrazoMarínVolve a Andaina de Montes e Praias, coa que apoiar á Asociación...

Volve a Andaina de Montes e Praias, coa que apoiar á Asociación Contra o Cancro de Marín

Volve a Andaina de Montes e Praias, coa que apoiar á Asociación Contra o Cancro de MarínDespois de dous anos de parón, a proba celebrará a súa sétima edición, cunha opción federada de 25 km e outra de 15 km. Será o día 6 de marzo

O miradoiro de Portocelo serviu como escenario esta mañá para a presentación da VII Andaina de Montes e Praias de Marín, que será o domingo 6 de marzo, con saída ás 09.00 horas da Alameda Rosalía de Castro. Estiveron presentes o representante do Club de Montañismo Xesteiras, José Francisco Gil Dopazo; a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, e a presidenta da AECC de Marín,Emilia Riparada.

Esta edición chega despois de dous anos de parón pola covid, “polo que vimos con moitas ganas”, asegurou Gil. Hai dúas modalidades de participación: a andaina popular, de 15 km, e a andaina deportiva, de 25 km, “algo máis dura e esixente, pensada para persoas que están acostumadas a camiñar polo monte”, asegura Gil.

Neste caso, ademais, a ruta variouse nun 90%, polo que persoas que xa a teñan feito poden repetir e descubrir novos lugares. “Pasaremos por sitios emblemáticos como o punto no que se unen Marín, Vilaboa e Moaña no Lago Castiñeiras, as fervenzas do río Neibó ou as propias praias, que son un clásico da andaina”. Ademais, a proba de 25km é federada (aínda que poden participar nela persoas que non estean federadas), e está dentro da Liga Nacional de Sendeirismo.

As inscricións cerraranse o día 1 de marzo por cuestións de organización e as da andaina de 25km xa van pola metade.

Cinco euros de cada inscrición será unha doazón en favor da asociación do cancro
de Marín. A súa presidenta explicou que se trata “dun evento saudable, que nos
encanta, no que vemos que a xente repite e que serve para visibilizar todo o
traballo que facemos desde a asociación”.

Inscricións neste: link

Ao mesmo se referiu a concelleira de Turismo, que explicou que esta andaina “é xa
unha data de referencia no calendario de Marín, sobre todo por esa parte social e
solidaria que ten, pero tamén como un momento perfecto para coñecer mellor a
nosa vila”.

Bolo do Pote
A celebración da andaina, como xa é tradición, coincidirá co Bolo do Pote,
organizado por Pousos da Area e que estará aberto a todos os que lles apeteza
desfrutar deste trasdicional plato típico do tempo de Entroido.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.