Inicio Baixo Miño Vinte mulleres participan no curso de “Cociña en verde”, promovido pola Deputación...

Vinte mulleres participan no curso de “Cociña en verde”, promovido pola Deputación de Pontevedra

vinte-mulleres-participan-no-curso-de-cocina-en-verde-promovido-pola-deputacion-de-pontevedra

A actividade tivo unha duración total de 25 horas e realizouse nunha casa restaurada pola asociación “Copo sen Fundo”, en Goián

Unhas vinte mulleres de Tomiño participaron no curso “Cociña en Verde”; unha actividade impulsada pola Deputación de Pontevedra, dende a Consellería de Cohesión Social e Xuventude.

A actividade tivo unha duración total de 25 horas e realizouse nunha casa restaurada pola asociación “Copo sen Fundo”, en Goián.

Cociña en Verde” é unha actividade impulsada pola Deputación a través de DepoRuárte; un programa de dinamización xuvenil que ten coma finalidade desenvolver actividades alternativas, educativas e de lecer, que potencien movementos de participación e cooperación social para Concellos de menos de 50.000 habitantes.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, clausurou o curso xunto a Mª Montserrat Magallanes, deputada de Emprego, nun acto no que salientaron o bo aproveitamento realizado por todas as participantes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies