spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO proxecto "SmartPeme" preséntase en Redondela

O proxecto “SmartPeme” preséntase en Redondela

“SmartPeme” ofrece asesoramento en novas tecnoloxías ás persoas emprendedoras e autónomas e ás pequenas e medianas empresas da provincia

Este xoves 3 de novembro, a partir das 10:00 horas da mañá, a Deputación de Pontevedra presenta o proxectoSmartPeme”, substituto do antigo CPAE 2.0, entre o tecido empresarial de Redondela co obxectivo de enfatizar a implantación de novas formulacións en materia de estratexia dixital.

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, o Deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, asistirán á xornada de presentación que terá lugar na Casa da Cultura de Redondela (Praza de José Figueroa, 3).

O período de inscricións nesta xornada continúa aberto e todas as persoas que queiran asistir poderán reservar a súa praza enchendo un formulario que poderán atopar a través dun banner no inicio da páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es, ou seguindo esta ligazón. A xornada presentará este programa da Deputación de orientación TIC a pemes e persoas emprendedoras da provincia, que substituíu ao anterior “CPAE 2.0”.

Lembramos que o proxecto “SmartPeme” é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. Todo iso empregando as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e as novas tecnoloxías (redes sociais, comercio electrónico…).

Para isto, nas oficinas de “SmartPeme” no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

SmartPeme” consegue, ademais, que a colaboración cos concellos sexa máis estreita xa que o proxecto se oferta como un servizo propio dos municipios, para que sexan eles os que presten o asesoramento e impulsen ás empresas, persoas autónomas e emprendedoras. A institución provincial se converte deste xeito nun vehículo para que os concellos poidan converterse nos protagonistas, ofertando un servizo que responda ás necesidades das veciñas e veciños da provincia que se dediquen ao mundo empresarial ou queiran emprender.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.