spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela rende homenaxe a Valle-Inclán no seu 150 aniversario

Redondela rende homenaxe a Valle-Inclán no seu 150 aniversario

redondela-rende-homenaxe-a-valle-inclan-no-seu-150-aniversario

A Concellería de Cultura e as Bibliotecas Municipais de Redondela renderon homenaxe, este venres, 28 de outubro,  ao escritor vilanovés D. Ramón María del Valle-Inclán, de quen toma o nome a Biblioteca Pública do municipio, no 150 aniversario do seu nacemento.

A concelleira de Cultura, Teresa París Blanco, e o persoal das bibliotecas redondelás, depositaron unha ofrenda floral aos pés do busto do insigne autor que preside a praza Figueroa.

Como unha forma de achegar a todos a figura do autor vilanovés, na entrada do concello situouse unha pequena mostra bibliográfica de “Cuadrante”, a revista cultural da “Asociación de Amigos de Valle-Inclán”, que se podía  ollar e levar para casa como agasallo.

Pero esta,  non foi a única actividade realizada neste ano como conmemoración desta data. A visita dos membros do club de lectura infantil á Casa-Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa e o obradoiro infantil “Os lentes de Valle”, que contou coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso, e no que un grupo de nenos agasallaron a Valle-Inclán cunhas lentes para a súa representación escultórica, completaron os actos de recoñecemento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.