Inicio Latinoamérica Colombia Vinte e dous países de Iberoamérica subscribiron o Pacto das mocidades no...

Vinte e dous países de Iberoamérica subscribiron o Pacto das mocidades no Cume de Xefes de Estado e de Goberno

vinte-e-dous-paises-de-iberoamerica-subscribiron-o-pacto-das-mocidades-no-cume-de-xefes-de-estado-e-de-goberno

Termina o Cume Iberoamericano de mandatarios iberoamericanos coa aprobación de diferentes documentos oficiais entre os que se atopa o Pacto Iberoamericano de Mocidade.

Os Xefes de Estado e de Goberno dos vinte e dous países iberoamericanos, que asistiron ao Cume Iberoamericano en Cartaxena de Indias os días 28 e 29 de outubro, presentaron o ‘Pacto Iberoamericano de Mocidade’ xerado logo dun proceso participativo que se desenvolveu ao longo de 2016 baixo a temática da 25 versión do Cume: “Mocidade, Emprendemento e Educación”.

O Pacto Iberoamericano de Mocidade trátase dunha alianza de distintos actores políticos, económicos e sociais da rexión iberoamericana que busca xerar mecanismos, harmonizar o investimento e desenvolver accións de carácter rexional que contribúan a superar as barreiras que dificultan o acceso a oportunidades educativas e económicas por parte da poboación nova en Iberoamérica e que contribúan ao seu desenvolvemento integral.

O Presidente Juan Manuel Santos foi o anfitrión da  XXV Cume Iberoamericana de Xefes de Estado e de Gobierno que realizouse o 29 de octubre en Cartagena, Colombia.

Participaron a Sua Maxestade o Rei Felipe VI, ademáis dos Presidentes de México, Enrique Peña Nieto; Guatemala, Jimmy Morales Cabrera; República Dominicana, Danilo Medina Sánchez; Panamá, Juan Carlos Varela; Ecuador, Rafael Correa, Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, eo Primer Ministro, António Costa. Asimesmo, a Presidenta de Chile, Michelle Bachelet; os presidentes de Honduras, Juan Orlando Hernández; Andorra, Antoni Marti Petit; Perú, Pedro Pablo Kuczynski.

Asisten como xefes de delegación do seu país a Vicepresidenta de Costa Rica, Ana Helena Chacón; e os vicepresidentes de Uruguai, Raúl Sendic, e Nicaragua, Omar Halleslevens.

Ademáis dos Ministros de Relacións Exteriores que representan aos gobernos de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla; Paraguai, Eladio Loizaga; Arxentina, Susana Malcorra; El Salvador, Hugo Martínez; Brasil, José Serra, e Venezuela, Delcy Rodríguez.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies