Inicio Vigo e área Vigo Vinte empresas galardoadas nos premios ARDÁN pola súa excelencia e achega en...

Vinte empresas galardoadas nos premios ARDÁN pola súa excelencia e achega en valor económico e social en Galicia

Vinte empresas galardoadas nos premios ARDÁN pola súa excelencia e achega en valor económico e social en GaliciaDun total de 1.900 empresas galegas que recibiron este ano algún dos indicadores dos nove que outorga o servizo de información empresarial do Consorcio da Zona Franca, Ardán, onte recolleron o seu galardón as vinte delas consideradas excelentes por obter entre catro e cinco deses indicadores.

Como explicou ante un público de máis de trescentas persoas do mundo empresarial e institucional o delegado do Estado, David Regades, as empresas con indicadores Ardán destacan polas súas competencias diferenciais que as fan máis dinámicas, con alta capacidade de resposta e adaptación ás esixencias do mercado. “Incrementan a competitividade global da nosa rexión, atraen e reteñen talento e investimento, e xeran emprego e riqueza” dixo Regades quen resaltou que tan só un seis por cento das 33.000 empresas galegas analizadas alcanzaron os criterios para obter algún indicador e que este pequeno grupo destacado como “excelente” é o que xerou o 40% da riqueza creada por todo o tecido empresarial galego e é responsable do 42% dos novos postos de traballo creados no período analizado e alcanzaron, no último exercicio, unha rendibilidade económica que supera en 7 puntos porcentuais á media. Outro dos datos exposto polo Delegado puxo de manifesto que a creación de valor engadido bruto por empregado que alcanzan estas empresas é superior en máis de 21.000 euros á que máis ou menos obteñen as empresas en Galicia.
Regades, quen precedeu na súa intervención á conferenciante Elsa Punset, tamén apuntou que a composición dos persoais destas “empresas excelentes” é máis equilibrada que a media galega en xénero xa que o 49% dos seus persoais está formada por mulleres.
A comunicadora e escritora, Elsa Punset, puxo o acento da súa intervención sobre a importancia da intelixencia emocional en todos os aspectos da vida, incluída a xestión empresarial. Como ferramenta para o cambio positivo Punset dixo que “temos un gran aliado para aproveitar as oportunidades que nos brinda esta revolución tecnolóxica, a nosa mente”.
En nome das vinte empresas premiadas interveu Beatriz Coedo, directora para Europa de recursos humanos de Akwel Vigo Spain. Esta empresa do sector da automoción obtivo cinco indicadores Ardán como xeradora de riqueza, ben xestionada, empresa global, innovadora e igual en xénero. Coedo explicou todas as actuacións que levou a cabo a súa empresa para conseguir cada un dos indicadores, desde a evolución en mercados internacionais ata a composición de xénero nos seus equipos directivos, pasando polas patentes rexistradas pola propia compañía que hoxe é “Empresa Global porque os nosos mecanismos deséñanse en Vigo con capacidade de produción en 41 plantas industriais de Akwel en 20 países de todo o mundo”.
O acto terminou cunha intervención o alcalde e presidente do Consorcio, Abel Caballero, e a entrega dos diplomas acreditativos aos xestores destas 20 empresas.
EMPRESAS EXCELENTES ARDÁN 2019

(orden alfabético)

Nº INDICADORES POR CONSEGUIR INDICADORES DE:
AKWEL VIGO SPAIN, S.L.5Generadora de Riqueza/Bien Gestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora/Empresa Igual en Género
ALDABA SERVICIOS PROFESIONALES, S.L.4Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Bien Gestionada/Empresa Innovadora
ALIBOS GALICIA, S.L.5Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora
CARPINTERIA METALICA ALUMAN, S.L.4Gacela/Empresa Global/Empresa Innovadora/Empresa Circular
COMUNIDAD CAMPUS, S.L.4Gacela/Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Bien Gestionada
CONSTRUCCIONES CRESPO BARROS, S.L.4Gacela/Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada
FITOGA, S.L.4Gacela/Alto Rendimiento/Alta Productividad/Bien Gestionada
KINARCA, S.A.U.5Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora
MARAMAR SEAFOOD 2006, S.L.4Gacela/Alto Rendimiento/Alta Productividad/Bien Gestionada
MARINE INSTRUMENTS, S.A.4Alto Rendimiento/Bien Gestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora
MESTRELAB RESEARCH, S.L.4Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Empresa Global/Empresa Innovadora
METALYESO, S.L.4Gacela/Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Bien Gestionada
NODOSA, S.L.4Gacela/Empresa Global/Empresa Innovadora/Empresa Circular
NURICLIMA GALICIA, S.L.4Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada
OTAMAR, ESTACIONES DE SERVICIOS Y SUMINISTROS, S.L.4Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Empresa Innovadora
PLACAS NORTE, S.L.5Gacela/Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada
RODAMIENTOS VIGO, S.A.4Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Empresa Global/Empresa Innovadora
RODICUT INDUSTRY, S.A.4Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Bien Gestionada/Empresa Global
SISTEMAS DE ALMACENAJE DE GALICIA, S.L.4Alto Rendimiento/Generadora de Riqueza/Alta Productividad/Bien Gestionada
TARLOGIC SECURITY, S.L.4Gacela/Alto Rendimiento/Bien Gestionada/Empresa Innovadora
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies