spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCuntisVilas Termais concorrerá a unha convocatoria do Ministerio de Turismo cun proxecto...

Vilas Termais concorrerá a unha convocatoria do Ministerio de Turismo cun proxecto piloto que modernice os destinos medicinais

Vilas Termais concorrerá a unha convocatoria do Ministerio de Turismo cun proxecto piloto que modernice os destinos medicinais
O Alcalde de Cuntis no centro da fotografía

A reunión do Consello de Goberno de Vilas Termais, organismo da FEMP presidido polo alcalde de Cuntis Manuel Campos, acordou concorrer á convocatoria do programa de experiencias Turismo de España, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que busca fortalecer os destinos para unha posterior promoción internacional a través de Turespaña.

Vilas Termais quere aproveitar o tirón do turismo medicinal para presentar un proxecto piloto, a implantar en municipios seleccionados, que deseñará un novo modelo turístico en termos de modernización, de intelixencia de mercados e dunha integración do sector privado no concepto de experiencia.

Municipios rurais e urbanos, con balnearios de diversos tamaños situados en diferentes zonas españolas, formarían parte deste proxecto que se financiaría con Fondos Next Generation e que incluiría accións comúns como impulsar unha transición verde, desenvolvendo modelos de negocio turísticos sostibles.

Apuestan por un programa de experiencias que de respuesta a las necesidades del huésped

Vilas Termais busca articular un modelo de traballo no que o turista termal é o centro e o sector poida dar resposta ás súas necesidades sumando aos destinos ao imprescindible proceso de dixitalización.

Vilas Termais concorrerá a unha convocatoria do Ministerio de Turismo cun proxecto piloto que modernice os destinos medicinais
Vila Termal de Cuntis

A reunión do Consello de Goberno de Vilas Termais, celebrado na sede da FEMP en Madrid, aprobou tamén asistir á feira monográfica Termatalia que se celebrará en Ourense os días 29 e 30 do próximo mes de setembro así como celebrar a asemblea xeral do ente no mes de outubro.

O Consello acordou tamén continuar impulsando a mellora da normativa xurídica actual das augas mineiro medicinais en España, unha demanda histórica de Vilas Termais para lograr unha regulación actualizada e harmonizada a nivel estatal e autonómico, que poña fin ao “bucle histórico” que converteu as augas termais e minerais nunha excepción.

- Publicidade -spot_img