Inicio Pontevedra Arousa Vilagarcía acolle o fin de semana o Campionato de Vela Ibérico de...

Vilagarcía acolle o fin de semana o Campionato de Vela Ibérico de 420 e o de España de Radio Control

vilagarcia-acolle-o-fin-de-semana-o-campionato-de-vela-iberico-de-420-e-o-de-espana-de-radio-control

As deputadas de Deportes e de Xuventude, Chelo Besada e Digna Rivas, presentaron o gran premio Deputación de Pontevedra do “Campionato Ibérico da Clase 420” de vela  e do “Campionato de España de Radio Control” que se celebrará nas augas de Vilagarcía dende o venres ate o próximo luns.

O acto celebrado nos xardíns do “Turismo Rías Baixas” contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde,  e do seu director técnico, Bruno Gago.

Chelo Besada agradeceu a Federación Galega de Vela a súa aposta polas augas das rías baixas para desenvolver ambas competicións que son o inicio das seis probas de alto nivel que ao longo de todo ano acolleran as augas de Arousa. A deputada do Deporte enmarcou a celebración deste campionato ibérico en Vilagarcía ao apoio que dende a Deputación estase a ofrecer a totalidade das actividades deportivas na provincia e “máis si cabe nesta disciplina onde os rapaces e rapazas de entre 15 e 18 anos son os protagonistas”.

Neste mesmo senso manifestouse a deputada de Xuventude, Digna Rivas, que subliñou a importancia de que os xoves aposten polo deporte como unha forma de desenrolo persoal.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega  de Vela, Manuel Villaverde, agradeceu a  colaboración da Deputación Provincial con estes campionatos e con todas as actividades que desenvolve a institución da vela.

Para o campionato da clase 42o se espera a  participación de 40 barcos procedentes fundamentalmente de Galicia, Portugal e País Vasco, aínda que tamén acudirán catro embarcacións de Canarias. No caso do campionato de radio control tamén se espera un número parecido de embarcacións.

As probas comezarán o sábado as 13 horas, na clase 420 entre o espazo comprendido entre o dique de Ferrazo e o porto de Vilaxóan, o que permitirá seguir as probas dende terra. No caso de radio control, as probas comezan o sábado as 12 horas xunto diante das instalacións da Centro Galego de Vela de Vilagarcía.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies