spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona recibe aos primeiros peregrinos, despois do recoñecemento oficial do Camiño Portugués...

Baiona recibe aos primeiros peregrinos, despois do recoñecemento oficial do Camiño Portugués pola Costa

baiona-recibe-aos-primeiros-peregrinos-despois-do-reconecemento-oficial-do-camino-portugues-pola-costa

O Concello de Baiona crave na oficialización do Camiño Portugués pola Costa

Baiona saca peito ante a oficialización do Camiño Portugués da Costa. A Real Vila foi a promotora da emenda que conseguiu o recoñecemento da ruta que inclúe a Baiona no trazado. Desde ao ano 2009 o equipo de goberno baionés presidido polo seu anterior alcalde e actual Conselleiro de Sanidade, Jesús Vásquez Almuiña, loitou incansablemente para que se fixese efectivo este recoñecemento. O actual rexedor, Ángel Rodal, batalló á beira de Almuiña para que a ruta alcanzase a categoría oficial.

O último empuxón para que a emenda levase ao parlamento galego deuno o actual rexedor o pasado mes de xaneiro nunha reunión que mantivo co presidente da Xunta na que trataron diferentes temas de interese para a Real Vila. Rodal aproveitou a ocasión para solicitar a Feijoo a oficialización do camiño que transcorre pola Vila.

O Alcalde de Baiona viu materializado a gran aspiración do seu equipo de goberno onte cando a Xunta de Galicia aprobou a unha nova Lei do Pratimonio cultural que oficializó o Camiño Portugués e o seu ramal denominado pola Costa. O rexedor non se quixo perder este momento histórico para o municipio e quixo apoiar coa súa presenza no Parlamento o recoñecemento a esta ruta que tanto se impulsou desde o municipio baionés.

“O equipo de goberno está tremendamente contento porque a nosa reivindiccación de outrora fose escoitada pola Xunta. No ano 2009 solicitamos a proposta que deu lugar á emenda. Desde entón non paramos de traballar para alcanzar este ansiado recoñecemento que servirá de revulsivo ao sector turístico de Baiona”, ha selado Rodal.

O Camiño Portugués pola Costa, transcorre por 9,2Km da vila, canta cunha gran afluencia de peregrinos. Cidadáns de todo o mundo percorren a ruta. Proba diso dan os datos facilitados pola oficina de turismo de Baiona que testemuñan que o 85% dos camiñantes son estranxeiros. Onte mesmo recibiuse no municipio a un grupo de 20 peregrinos de Polonia.

“Chegastes á nosa vila nun día moi especial para nós. Sodes os primeiros peregrinos que arribades a Baiona tras o recente recoñecemento deste camiño como oficial. Non existe un día mellor para recibirvos”, comentou o Alcalde ao grupo que realiza o camiño ao seu paso pola vila e que descansaban no cruceiro da Santísima de Trindade, o único cruceiro de Galicia que ten teito. Rodal, acuñou o selo na credencial destes peregrinos tan especiais. Ademais, dáse a casualidade de que o selo que se lles pon aos camiñantes polo seu paso pola vila ten a imaxe deste cruceiro.

“O Camiño Portugués da Costa existía de facto, pero non de maneira administrativa”, sinalou o Alcalde, quen engadiu que recoñecela de maneira oficial “é un gran paso para que creza a súa divulgación”. Rodal cre que coa nova catalogación “máis persoas do noso país empezarán a percorrer o camiño”.

Pola súa banda a Concelleira de Turismo, destacou que,”a oficina de Turismo de Baiona ten datos verídicos do número de peregrinos pois é das poucas oficinas de Galicia que permanece aberta os 365 días do ano. As cifras son tremendamente significativas pois desde o ano 2014 os peregrinos incrementáronse un 50%. Os países máis representados son Portugal, Polonia, Alemaña, Irlanda, Francia e Estados Unidos”. Beatriz González matizou que “Concretamente no ano 2015 uns 1.000 peregrinos pasaron pola oficina de turismo a solicitar información, un número significativo”.

O Concello de Baiona ponse un obxectivo alto e esperan que a ruta se converta na segunda opción co transcurso do tempo, por detrás do camiño francés, pois se trata dunha ruta para gozar que conta cunha paisaxística sen igual.

Ábrese un novo horizonte para a localidade pois se trata dun recurso turístico de primeira orde para Baiona.

O Camiño Portugués pola Costa

O Camiño Portugués da Costa é unha ruta de peregrinación que xa tiña gran importancia na Idade Media e era utilizada por peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar ata Compostela. Os datos actuais acreditan que ao longo dos séculos o itinerario non perdeu esta importancia.

O principal país emisor de peregrinos ao Camiño Portugués pola Costa é Portugal pero tamén destaca a cantidade de alemáns, polacos e estadounidenses que o realizan. Así mesmo, e a pesar da distancia con estes lugares, o traxecto tamén recibe peregrinos de países como India, Malaisia, Kirghizistan, Corea, Nova Zelandia ou Canadá, atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación; costeiro na maior parte do trazado.

O Camiño Portugués pola Costa, que transcorre desde A Guarda ata Redondela, atravesa os municipios do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, e Vigo ata que chega a Redondela, onde continúa a mesma ruta que fan os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcorre polo interior.

Desde Baiona pódese conseguir a Compostela pois 123 quilómetros separan a Real Vila de Santiago.

Cabe destacar que o Camiño Portugués da Costa segue afianzándose como ruta xacobea máis aló das nosas fronteiras pois a vila vén recibindo con asiduidade grupos de estranxeiros que cada vez máis conforme van pasado os anos escollen esta senda e Baiona como punto de partida como opción principal para realizar a peregrinación a Santiago. Mesmo existen axencias especializadas no camiño de santiago
que ofrecen como destino de partida a Real Vila. É o caso da axencia de viaxes de Dublín (caminoways.com), tras descubrir os responsables da axencia as paisaxes que ofrecía esta singular senda empezaron a ofrecela aos seus clientes. Desde entón, xullo de 2014, son moitos os cidadáns estranxeiros que se dirixiron ata a nosa localidade para iniciar o camiño ata a capital galega. Os peregrinos elixen Baiona como punto de partida para iniciar as súas andainas atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación.

O Concello de Baiona ponse un obxectivo alto e esperan que a ruta se converta na segunda opción co transcurso do tempo, por detrás do camiño francés, pois se trata dunha ruta para gozar que conta cunha paisaxística sen igual.

- Publicidade -spot_img