Inicio Alto Minho Vila Nova de Cerveira acolle a exposición sobre o Concurso de ideas...

Vila Nova de Cerveira acolle a exposición sobre o Concurso de ideas para construción dunha ponte peonil no río Miño

vila-nova-de-cerveira-acolle-a-exposicion-sobre-o-concurso-de-ideas-para-construcion-dunha-ponte-peonil-no-rio-minoA exposición da Deputación de Pontevedra que da a coñecer os 24 proxectos presentados ao Concurso internacional de ideas para a construción dunha ponte peonil que unirá o Parque do Castelinho e o Espazo Fortaleza chegou hoxe a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Esta mostra itinerante, froito do enorme interese espertado entre o público polo proxecto, visitará a continuación a sé do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, na Coruña, e no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo.

A biblioteca municipal de Vila Nova de Cerveira é o espazo elixido para acoller a exposición, que estará aberta ao público até o vindeiro 8 de xuño. O horario de visita é de luns a sábados, das 9:30 ás 13 horas e das 14:00 ás 18 horas, os luns só en horario de tarde e os sábados só no de mañá.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez acaba de destacar a relevancia técnica das propostas que participaron no concurso así como a diversidade de países e enclaves desde os que chegaron, motivos que impulsaron a posta en marcha desta exposición. Tras a resolución do Concuso internacional de ideas, agora ábrese unha segunda fase do proxecto, de maior complexidade, e na que as tres propostas finalistas, ‘Raia’, de Álvaro Siza e Jorge Amorim Nunes da Silva; ‘Caminho do rio’ de Javier Zubia e Paula Teles, e ‘Una línea sobre el Miño’ das sociedades Burgos & Garrido e Bernabeu Ingenieros; participan nun negociado coa Deputación de Pontevedra que se espera que se resolva á altura do verán.

O Concurso internacional de ideas está incluído dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Visit Rio Minho, cofinanciado polo Interreg, que ten por obxectivo a posta en valor dos recursos endóxenos do río Miño. A fin última da construción da ponte é a de “crear un parque transfronteirizo” e “un espazo urbano único de xestión común entre os dous concellos”, segundo explicou o deputado.

A creación da nova ponte internacional enmárcase dentro da acción ‘Cualificación e promoción do parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza’, do proxecto VISIT RIO MINHO, promovido conxuntamente pola Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Universidade de Vigo e os municipios do norte de Portugal. VISIT RIO MINHO está cofinanciado ao 75 % por fondos FEDER da UE a través da convocatoria INTERREG V-A POCTEP 2014-2020 e ten por obxectivo a cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos do territorio do Miño e a súa promoción como destino ecoturístico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies