Inicio Val Miñor Nigrán Co obxetivo de fazer do río Muiños (Nigrán) un espazo fluvial de...

Co obxetivo de fazer do río Muiños (Nigrán) un espazo fluvial de referencia, comenzaron hoxe unas obras que contan cun orzamento de 510.000€

co-obxetivo-de-fazer-do-rio-muinos-nigran-un-espazo-fluvial-de-referencia-comenzaron-hoxe-unas-obras-que-contan-cun-orzamento-de-510-000eO proxecto de acondicionamento das marxes devolve o equilibrio natural ao río Muiños e inclúe a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe

O Concello de Nigrán iniciou hoxe as obras de acondicionamento das marxes do río Muíños adxudicadas á empresa Audeca por 510.000 € e que inclúen tamén a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paixase. Os traballos devolverán o equilibio natural o río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental e incluso técnico, xa que para a súa recuperación se aplicarán solucións de drenaxe sostible pioneiras na comunidade. Neste eido, Audeca é unha empresa especialista en restauracións hidrolóxicas con obras señeiras a nivel nacional como a recuperación do río Negro (Zamora), orzamentada en 3 millóns de euros a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e que supuxo unha mellora na calidade das súas augas, o acondicionamento da súa canle e, consecuentemente, a recuperación da colonia de náyades (Especie de mexilón protexido).

Empregaranse técnicas ecolóxicas e de drenaxe sostible pioneiras en  Galicia co obxectivo de recuperar a súa hidroloxía natural e frenar os cambios bruscos na canle

As obras previstas, que deberán estar rematadas este ano, comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 no río Nespereira, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Durante estas 3 primeiras semanas os traballos se centrarán no desbroce de maleza da súa contorna e a eliminación de árbores enfermos para consolidar os  que se atopan en bo estado.

As distintas obras están destinadas a frenar a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propón técnicas de drenaxe sostible pioneiras en Galicia e baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais. Así, se priorizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.

co-obxetivo-de-fazer-do-rio-muinos-nigran-un-espazo-fluvial-de-referencia-comenzaron-hoxe-unas-obras-que-contan-cun-orzamento-de-510-000eO proxecto contempla tamén a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca a creación dunha pista de atletismo e outra de skate-scooter, “dúas disciplinas nas que existe unha gran demanda social de instalacións”, explica o alcalde, Juan González. No eido deportivo, a esta pista de 450 metros de lonxitude e 6 rúas súmase un circuito de running circular de 4,5 km ou a mellora do sendeiro existente. Estas dotacións atópase na parcela urbanizable destinada a usos deportivos, e ao seu carón haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas…

“Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primorial  é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran  a paisaxe con rapidez, como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América”, resume González.

Os traballos que hoxe comezan, contén algunhas semellanzas cun proxecto que xa foi presentado no ano 2014, por exemplo ambos os dous propoen frenar a erosión no cauce do río provocada polas diferentes actuacións urbanísticas no polígono, utilizando para conseguílo distintas técnicas. 

Ademáis, a estes traballos se lle engadirá outra actuación por valor de 201.243 euros (actualmente está en fase de contratación) destinada á mellorar a calidade da auga reparando o sistema de colectores e alcantarillado, que desborda fecais en época de choiva). Con isto, en total investiranse 800.000 euros no río Muíños e a súa contorna (incluído o río Nespereira) con cartos procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies