spot_img
InicioBaixo MiñoVIII Gala do Deporte Tudense

VIII Gala do Deporte Tudense

VIII Gala do Deporte TudenseO Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, 28 de febreiro, ás 20.30 h a VIII Gala do Deporte Tudense. 

Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.

Comezará ás 20.30 h no Teatro Municipal para recoñecer os éxitos deportivos da temporada 2019

A gala comezará coa actuación musical de Fonogenia con Mónica de Nut. A continuación entregarase un recoñecemento aos 28 deportistas tudenses que en 2019 participaron en competicións internacionais en atletismo, judo, fútbol, piragüismo e remo. No transcurso da gala entregaranse amais distintos recoñecementos históricos a persoas vinculadas co deporte, e outros a título póstumo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.