Inicio Baixo Miño Chega a Tui a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”

Chega a Tui a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”

Chega a Tui a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”Esta actividade abre os actos previstos para conmemorar o Día Internacional da Muller

O próximo luns, 2 de marzo, ás 12 h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica será inaugurada a exposición “Rompe. Xoga en igualdade”. Trátase dunha exposición itinerante da Deputación de Pontevedra que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui. Con esta actividade ábrense en Tui os actos para conmemorar o Día Internacional da Muller, promovidos dende a Concellería de Igualdade.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, convida a visitar a mostra dende o próximo luns. Unha exposición que destaca “reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social” .

A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade”, presenta unha serie de bonecas nas que se interviron para amosar situacións  de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así coma na transmisión de valores.

“Rompe. Xoga en igualdade” poderá visitarse na Sala de Exposicións na Área Panorámica dende o próximo luns 2 de marzo até o 1 de abril.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies