Inicio Val Miñor Baiona Baiona celebra os vinte e cinco anos da Arribada, a súa festa...

Baiona celebra os vinte e cinco anos da Arribada, a súa festa máis internacional

arribada-baiona-historia-feita-festa
A réplica da Carabela Pinta en Baiona

Baiona, vila tranquila, bela e rebosante de historia, foi o primeiro porto de Europa que recibiu a nova do Descubrimento de América. A esta localidade pontevedresa chegou o 1 de marzo de 1493 a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, traendo a nova da existencia dun novo mundo.

Dende Baiona sairon os correos hacia Castilla para informar aos Reis Católicos e o mundo enteiro a nova. Unha semana máis tarde Colón chegaba a Lisboa a bordo da Niña. Para conmemorar este feito construiuse unha réplica da Carabela que figura atracada no porto de Baiona, convertida nun museo flotante.

A Festa da Arribada conta co título de Festa de Interese Turístico Internacional desde 2015

En torno a este acontecemento tamén se celebra todolos anos, o primeiro fin de semana de marzo, a Festa da Arribada. Durante dos días vecinos e visitantes viven entre o século XXI e o XV. Esto lograse a través da ambientación e dunha coidada programación nos que se incluen actividades e elementos que permiten coñecer a historia e trasladarse no tempo ata o Medievo.

A Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribou a Baiona o 1 de marzo de 1493.

A Carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribou a Baiona o 1 de marzo de 1493. Así foi coma a vella Europa tivo noticias do novo continente. Este trascendental feito convertíu á localidade pontevedresa no primeiro porto que tivo coñecemento da existencia de América.

o-concello-de-baiona-descubrira-unha-placa-conmemorativa-na-estatua-de-pinzon-polo-seu-40-aniversario
Martín Alonso Pinzón

Da Real Vila de Baiona, partiron de inmediato correos hacia a corte para informar aos Reis Católicos da noticia que cabiaría a configuración de todolos mapas xeográficos e de navegación mundial. Dúas semanas máis tarde, unha vez reposta a tripulación e recomposta a matrecha nave, Pinzón partíu hacia Lisboa ao encontro da carabela Niña e do Almirante Colón. Da capital portuguesa regresaron a Palos de la Frontera, lugar de onde sairon un ano antes coa intención de atopar unha nova ruta hacia as Indias.

Segundo o relato que Pinzón fixo unha vez desembarcado ao Correxidor da vila de Baiona, Payo Veloso, a Santa María afundirase alá nas Indias -. “Só regresamos -dixo- La Niña, que capitaneaba o meu irmán, onde embarcou o almirante Colón, e a miña carabela. Navegábamos con rumbo a Sevilla, pero á altura das illas Azores un terrible temporal separounos. Capeamos como puidemos e coma o meu piloto Cristóbal García Sarmiento, é destas terras aproveitamos ventos favorables poñendo rumbo a esta vila que sabemos Porto Real”.

XXV Festa da Arribada 

Nesta edición a Arribada introduciu algúns cambios. Desde a organización anunciaron xa a comezos de ano que os animais de zoo estará vetados para evitar a súa explotación. Deste xeito non haberá nin dromedarios nin camelos nin outros animais que antes completaban un zoo infantil. Si quedará a exhibición de cetrería ou cabalos da Groba, para poñer en valor a cabana existente na zona.

Como noutros anos , haberá propostas para todos os públicos. Os talleres de artesáns incluirán ferreiros, cesteiros, oleiros e poderase ver a elaboración de tellas, zuecos, fío ou instrumentos musicais. Haberá talleres infantís de acuñación de moedas, olería, tapices de época, de escritura gótica, coiro, lacrado, bordados, gravados en madeira e ourivaría.

A Representación Teatral “ARRIBADA DO DESCUBRIMENTO”, será interpretada en LSE

O Concello de Baiona, no seu compromiso coa accesibilidade, ofrecerá este ano por segundo ano consecutivo, a representación teatral “Arribada do Descubrimento” interpretada en lingua de signos española.

A escenificación terá lugar o sábado 29 de febreiro ás 20.00 horas e o domingo 1 de marzo ás 18:00 horas na Praia Ribeira de Baiona, onde as persoas xordas poderán disfrutar plenamente desta obra, xa que será interpretada en lingua de signos española.

As persoas xordas interesadas en asistir, contarán cun espazo reservado, polo que deben achegarse á jaima da organización, uns minutos antes do comezo da obra.

Deste xeito, o Concello d Baiona, amosa a súa sensibilidade e afirma o seu compromiso en materia de accesibilidade para o colectivo de persoas xordas, xa que a cultura e o teatro, son un dereito de todas a persoas.

O programa

Venres 28 de febreiro 10.00. Arrinca o mercado medieval. 12.00. Misa solemne. Igrexa de Santa Liberata 13.00 Inauguración da mostra Explorando as costumes da Hispania Medieval. Casa do Rexemento 13.30. Inauguración da móstra Sardiñas, potas, pan de trigo e sal, mercadoría real: A vida dos mercados. Capitanía marítima. 16.00. Xogos infantís: Zona playmobil medieval, ludopuzzless e Jugacirc en Alameda Carabela Pinta. Campamento de adestramento de cabaleiros e photocall medieval nos xardíns do edificio Sancti Espiritus. Cortello medieval con parque de aventuras e atraccións medievais no Parque da Palma. 16-20.00. Bautismo hípico medieval e taller de cepillado, trenzado e coidados do cabalo de pura raza galega. Parque da Palma e praia Concheira.

18.00. Presentación da festa, intervención das autoridades. Salón do Parador de turismo 23.00. Finaliza o Mercado.

Sábado 29 de febreiro 10.00. Arrinca o mercado medieval. 11-14.00. Apertura das animacións en prazas, rúas e paseos. Obradoiros de artesáns, gremios de caneros e ferreiros, alameda dos aprendices, zonas de playmobil e ludopuzzle, photocall, parada de aves cetreras, demostración de pontería, contenda de esgrima histórica, parque de atraccións etc…. 11.05. Apertura das exposicións 11-14.00. Bautismo hípico medieval e demostración de herraxe tradicional con forxa. Parque da Palma 11.30. Visita dos pobos irmáns. Paseo Ribeira.

12.00. Gran Desfile medieval desde a entrada da fortaleza Monte Boi polo Real Mercado con animación da fiesta e gaitas do grupo A seneira de Baiona e Troula Animación. 12-14. Bautismo hípico medieval. Parque da Palma e Praia Concheira. 12.30. Exhibición de esgrima antiga e artes marciais. Parque da Palma 12.45. Chegada do desfile á praza do Rexemento. 13.00. Espectáculo de cetrería. Praia Ribeira 13.15. Tiro con arco. Xardíns da Casa da Navegación. 16.00.  Apertura das animaciós en prazas, rúas e paseos. Obradoiros de artesanos, gremios de caneros y herreros, alameda de los aprendices, zonas de playmobil e ludopuzzle, photcall, parada de aves cetreras, demostración de pontería, contienda de esgrima histórica, parque de atracións etc….

16-18.00. Bautismo hípico medieval. Parque da Palma e Playa Concheira. 16.00. Apertura das exposicións16.20. Demostración de tiro con arco. Praia Ribeira 17.00. Combate de esgrima medieval, representación dun xuicio e duelo con espadas. Xardines da Casa da Navegación. 17.15. Os druidas do grupo Malatitsch percorrerán o Casco Vello. Alameda Carabela Pinta. 17.30. Gran Torneo medieval. Praia Ribeira. 16-20.00. Taller de cepillado, trenzado e coidados do cabalo de pura raza galega. Parque da Palma e praia Concheira.18.30. Troula percorrerá as rúas coas súas zancudos. Alameda Carbela Pinta. 20.00. Representación teatral Arribada do Descubrimento. Praia de Ribeira 21.30. Espectáculo de lume a cargo do grupo Malatitsch. Xardíns da Casa da Navegación 23.00. Finaliza o real mercado medieval.arribada-baiona-historia-feita-festa

Domingo 1 de marzo 10.00. Arrinca o mercado medieval. 11.00. Apertura das animacións en prazas rúas e paseos. Obradoiros de artesáns, gremios de caneros e ferreiros, alameda dos aprendices, zonas de playmobil e ludopuzzle, photcall, parada de aves cetreras, demostración de pontería, contenda de esgrima histórica, parque de atraccións etc.., 11.05. Apertura das exposicións 11-14. Demostración de herraxe tradicional en forxa. Parque da Palma 12.00. Pasacalles dos Elfos Brancos. Alameda Carabela A Pinta 12.15. Demostración de tiro con arco. Praia de Ribeira 12.30. Combate de esgrima medieval. Parque da Palma 13.00. Troula percorre as rúas coas súas animacións. Alameda Carabela Pinta 13.15. Gran espectáculo de cetrería. Paseo Ribeira. 16.00. Apertura das animacións en prazas rúas e paseos. Obradoiros de artesáns, gremios de caneros e ferreiros, alameda dos aprendices, zonas de playmobil e ludopuzzle, photcall, parada de aves cetreras, demostración de pontería, contenda de esgrima histórica, parque de atraccións etc….

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies