spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba - España

Baiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba – España

Baiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba - EspañaPreviamente unha delegación cubana, presidida polo embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, realizou esta mañá un encontro de traballo na Zona Franca de Vigo durante o que David Regades expuxo ao embaixador todas as potencialidades que ofrece a institución que dirixe como panca de impulso tanto para o establecemento de novos negocios, como para a internacionalización das empresas da contorna.

Esta reunión produciuse previa á asistencia da delegación diplomática ao I Foro Iberoamericano Cuba-España que se celebrou en Baiona coincidindo coas festas da Arribada e que reuniu a un gran número de representantes do empresariado da comarca viguesa.

Zona Franca de Vigo e a embaixada de Cuba en España acordan cooperar en programas de intercambio comercial

Nunha interesante exposición de vantaxes para o comercio bilateral, o embaixador Machín Gómez e a conselleira económica-comercial da embaixada de Cuba, Janet G. Fernández Padilla, acordaron co Delegado cooperar para o intercambio comercial Galicia-Cuba a través dos programas de internacionalización e parques empresariais da Zona Franca de Vigo para o que se establecerá unha mesa de traballo que co obxectivo de que non quede nunha mera declaración de intencións, no prazo dun ano, deberá revisar os resultados obtidos.

O Parador Conde de Gondomar de Baiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba – España

Despois da recepción de autoridades e invitados no Salón Medieval do Parador deu comezo o I Foro Económico Iberoamericano Cuba – España – Baiona. O encargado de dar a benvida os asistentes foi o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, que exerceu de anfitrión e moderador dando paso os intervintes.

Baiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba - España

A primeira en intervir foi Janet G. Fernández Padilla, conselleira Económica da Embajada de Cuba, despois foi o turno de Miguel Ángel Alvelo Céspedes, presidente e fundador da Asociación Nacional Emprende Cuba (ANEC) e promotor desta iniciativa e de David Regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo. Finalmente Gustavo Machín Gómez, embaixador da República de Cuba en España, que pechou as intervencións.

Por parte da representación cubana púxose de manifesto que Cuba está interesada en atraer ás empresas galegas de alimentación agro e mar, así como ampliar os negocios concernentes aos sectores de enerxías alternativas, materiais de construción e actividades complementarias ao turismo como poden ser a construción de embarcacións de recreo, ou dotacións para mariñas e parques temáticos para o que brinda unhas condicións fiscais e económicas moi favorables na súa zona empresarial de desenvolvemento do Mariel.

Baiona acolle o I Foro Iberoamericano Cuba - España

Pola súa banda, Regades destacou que actualmente xa existen dúas empresas instaladas en Zona Franca que comercian con éxito na illa caribeña diques de amarre deportivos e sistemas de climatización e, abundando no plan de traballo bilateral, anunciou que o próximo día 29 de abril Zona Franca celebrará unha xornada específica sobre oportunidades de negocio no mercado cubano e que ese será o primeiro fito do plan para desenvolver para materializar futuros acordos. “Contamos coa excelente imaxe que a empresa española e galega en Cuba para abrir máis portas a través das que máis sectores e máis empresas exploren as oportunidades dese mercado amigo” dixo o Delegado do Estado que tamén destacou que se España é o terceiro socio comercial de Cuba, Galicia non queda atrás nesta implicación comercial xa que as exportacións galegas a Cuba case se duplicaron en poucos anos, pasando de preto de 16 millóns de euros a máis de 30 millóns.

Segundo a base de datos do Ministerio de Industria, a comunidade galega conta con 128 empresas que venden os seus produtos regularmente a Cuba. Nesta primeira visita do embaixador de Cuba a Galicia, a delegación cubana estivo tamén integrada pola Cónsul Yaima Martínez Millán e acompañada en todo momento polo alcalde de Baiona Carlos Gómez Prado.

- Publicidade -spot_img