spot_img
InicioVigo e áreaVigo"Vigo, un mar de corais" ofrece 27 concertos este verán na cidade

“Vigo, un mar de corais” ofrece 27 concertos este verán na cidade

A Xunta poñerá en marcha en Vigo un proxecto de barrio creativo e unha sede do CGAC para a exposición e a creación artísticaVigo inicia esta fin de semana os ciclos de verán do programa “Vigo, un mar de corais” no Verbum e na praza de Galegos Ilustres, un programa anual financiado polo Concello con case 200.000 euros.

NO Verbum están programados 18 concertos dobres, desde esta fin de semana e ata o 4 de outubro, coa participación de 36 corais da cidade e establecendo as medidas de seguridade precisas para garantir as condicións sanitarias: limitación de 54 cadeiras gardando a distancia entre o público e recollendo previamente as entradas no museo. Este sábado día 4, ás 20:30h: Coral Polifónica M.ª Madre del Buen Pastor e Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia. O domingo 5, ás 20:30 horas: Coral Polifónica María Auxiliadora e Coro de Voces Graves de Vigo.

Na Praza de Galegos Ilustres haberá 9 concertos con tres corais cada un, nas fins de semana do mes de xullo, que sumarán 27 corais participantes. Este sábado, ás 19:00h: Coral Polifónica Val do Fragoso, Coral Polifónica San Mamede de Zamáns e Coro de Cámara Rías Baixas. O domingo 5, ás 19:00h: Coral Polifónica de Teis, Coral Polifónica M.ª Madre del Buen Pastor e Coral Polifónica Máximo Gorki

Festival TerraCeo no Auditorio
Hoxe comeza o Festival TerraCeo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de Los Secretos ás 20:30 horas. O festival forma parte do programa de festas da cidade e inclúe arredor de 30 actuacións nos meses de xullo e agosto. O rexedor avanzou que nestes concertos participarán tamén, abrindo os recitais, grupos e artistas vigueses novos, facendo especial fincapé na participación de mulleres co obxectivo de facer unha grande mobilización de toda a actividade cultural da cidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.