Inicio Vigo e área Vigo Vigo mantén a peonalización de rúas os domingos e festivos e inicia...

Vigo mantén a peonalización de rúas os domingos e festivos e inicia este venres a ampliación aos días laborais

vigo-enche-de-arte-e-cultura-as-ruas-coas-actividades-do-segundo-programa-de-medianeirasAbel Caballero confirmou este venres o proceso de peonalización de rúas para a súa apertura aos cidadáns en diferentes zonas da cidade tamén en días laborais. 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que a partir das 17:00 horas deste venres, 8 de maio, ata as 23:00 horas o Concello inicia unha nova quenda de peonalización de rúas en días laborais. “Hai que seguir peonalizando en días festivos e laborais, temos que utilizar o espazo da cidade para a xente porque necesitamos rúas para que as usen os cidadáns”, asegurou Caballero en rolda de prensa.

Esta medida é compatible coa decisión de peonalizar 70 rúas os domingos e festivos. Respectarase en todo caso o acceso rodado ao domicilio da veciñanza, e favorecerase a prestación do servizo do transporte público urbano.

Así as rúas que quedarán pechadas ao tráfico desde este venres a partir das 17:00 horas son:

  • Zona Bouzas: Johan Carballeira
  • Zona Coia: Nigrán, O Grove, Avenida Castelao (dos carrís de circulación sentido Samil entre O Grove e Tomás Paredes), Marín (entre Castelao e Vilagarcía de Arousa).
    Zona Navia: Lamelas, Pedra Seixa (entre Ufas e Lamelas), Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra seixa), Ufas.
  • Zona Torrecedeira: Marques de Valterra e Jacinto Benavente (ambas entre Instituto Oceanográfico y Juan Ramón Jimenez).
  • Zona Centro: Inés Pérez de Ceta, Pontevedra, Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
  • Zona O Castro: Marqués de Alcedo (desde Paseo dos Cedros, cara O Castro).
  • Zona Calvario: Praza Fernando Católico, Santo Domingo, Condesa Casa Barcena, Cronista Jose Espinosa.
  • Zona de Estación de autobuses: Xílgaro.
  • Zona Barreiro: Urania Mella Serrano, Margarita Bilbatúa Zulbeldia.

Ademais, en domingos e festivos, desde as 08:00 ata as 23:00 horas, as rúas que se peonalizan son:

  • Zona Bouzas: Johan Carballeira, Pescadores, Paulino Freire, Alfredo Brañas e Tomás Alonso, desde Simancas a Pescadores.
  • Zona Coia: Nigrán, O Grove, Castelao (dos carrís de circulación sentido Samil entre A Estrada e Tomás Paredes) e Marín (entre Castelao e Vilagarcía de Arousa).
  • Zona Navia: Poza do Cabalo, Lamelas, Pedra Seixa, Limpiño (entre Teixugueiras e Pedra Seixa) e Ufas.
  • Zona Balaídos/Castrelos: Avenida de Balaídos, Caleira, Pablo Iglesias e Olímpicos.
  • Zona Povisa/Travesas: Regueiro (entre Barcelona e Gran Vía) e Zamora, López Mora (entre Pintor Lugrís e Camelias) e Hispanidade (entre Camelias e Pintor Colmeiro).
  • Zona Torrecedeira: Pi e Margall, Marqués de Valterra, Jacinto Benavente, Instituto Oceanográfico e Juan Ramón Jiménez.
  • Zona Centro: Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, Reconquista, Marqués de Valladares, Carral, Victoria, García Olloqui, Alameda, Concepción Arenal, Montero Ríos (paso de bus urbano cara o centro por Carral, Marqués de Valladares), Colón (entre Areal e Marqués de Valadares), Areal (entre Canceleiro e Colón), Inés Pérez de Ceta, Pontevedra e Rosalía de Castro (entre Inés Pérez de Ceta e Pontevedra).
  • Zona Casablanca: Venezuela (entre Gran Vía e Vázquez Varela), México (entre Bolivia e Paraguay) e Ecuador.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies