Inicio O Condado Salvaterra instalará nas rúas dispensadores de xel desinfectante

Salvaterra instalará nas rúas dispensadores de xel desinfectante

Salvaterra instalará nas rúas dispensadores de xel desinfectanteO Concello de Salvaterra de Miño deseñou da man dunha empresa local, Suministros Salvaterra, un dispensador de xel desinfectante que nos próximos días será instalado en diversos puntos da Vila, aqueles lugares máis concorridos, co fin de garantir a máxima hixiene e desinfección posible as súas rúas.

Esta medida englóbase dentro do Plan de desinfección que está levando a acabo o Consistorio, que constitúe un pilar fundamental para evitar a transmisión da pandemia. Dende o Concello espérase que esta iniciativa sexa ben acollida, que de máis seguridade e tranquilidade aos cidadáns e aos propios establecementos que están abertos.

Así mesmo dada a situación de escaseza e o prezo do propio material sanitario, cómpre que os veciños e veciñas fagan un uso responsable dos mesmos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies