spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo contará cun paseo fluvial de 11 km. no rio Lagares

Vigo contará cun paseo fluvial de 11 km. no rio Lagares

Vigo contará cun paseo fluvial de 11 km. no rio LagaresHoxe comezaron as obras de 3,2 km de paseo fluvial do Lagares, entre Manuel Álvarez e a avenida de Madrid, o que elevará a unha extensión de 11 km o actual corredor

Revista COUSAS DE nº14

Desde o seu nacemento ata o final do seu curso, o río ten unha lonxitude de 17,7 km, con 8 km de paseo, que se verán incrementados nun 40%, cos 3,2 km que comezaron a construírse hoxe. Desta totalidade, 2,8 km descorrerán sobre o terreo natural cun ancho de 2,5 metros. Outros 400 metros de paseo estarán formados por estruturas de paso, ben pontes para o cambio de marxe, o ben para salvar obstáculos ou zonas de difícil relevo.

Vigo contará cun paseo fluvial de 11 km. no rio Lagares

Este novo paseo enmárcase dentro dun corredor natural de 28.700 m2 que será obxecto de adecuación como zona verde de especial valor natural para o que se plantarán 140 árbores de gran porte como carballos ou freixos. Tamén se sementarán 640 exemplares de pequenas árbores ou arbustos para recuperar a biodiversidade deste espazo fluvial.

Esta actuación é un paso máis na transformación do río no principal corredor ecolóxico da cidade, dixo o Alcalde de Vigo, que achegouse esta mañá para presenciar o inicio das obras. Na súa opinión, esta actuación é un paso máis na transformación do Lagares no principal corredor ecolóxico da cidade.

Tal e como explicou Abel Caballero, este tramo do río que percorre as terras de Lavadores agocha enclaves dunha especial riqueza natural, como as ribeiras da parte baixa de Cambeses que son “excepcionais” e outros espazos como unha fervenza de case 30 metros de altura, coñecida como Pozo da Serpe, ou singulares infraestruturas hidráulicas de condución de auga ou de antigos aproveitamentos hidroeléctricos.

Respecto do orzamento, dixo, son 1,2 millóns, dos que 428.813,77 euros correspóndense coas expropiacións que foron prescisas para acometer este proxecto.

- Publicidade -spot_img