spot_img
InicioVigo e áreaVigoVigo aproba o proxecto de iluminación do Monte da Guía

Vigo aproba o proxecto de iluminación do Monte da Guía

Vigo aproba o proxecto de iluminación do Monte da GuíaAbel Caballero sinalou en rolda de prensa que “ten un presuposto de case 395.000€”. A actuación desenvólvese no Monte da Guía, na subida pola Av. Doña Fermina ata a Capela Monte da Guía

Cousas de revista nº16

O rexedor explicou que os traballos teñen un período estimado de catro meses, nos que se mellorará a iluminación, coa substitución dos puntos de luz existentes, para poñer tecnoloxía LED. O proxecto conta coa renovación de 48 puntos de luz ao longo do do vial e 56 no palco situado no parque, cumprindo os requisitos de adaptación á contorna. Deste xeito, lograrase “unha mellora da eficiencia enerxética”.

Complementarase con outras labores como a renovación da instalación soterrada e as liñas eléctricas, xa que “moitos tramos contaban coa canalización atópase rota e obstruída”. A maiores, independizase a subministración eléctrica e a iluminación da vía pública do resto de servizos públicos do Parque.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.