spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela presenta o proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL”

Redondela presenta o proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL”

Redondela presenta o proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL”O Concello de Redondela colabora coa iniciativa Mulleres do textil de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto presentouse onte no Multiusos da Xunqueira

Cousas de revista nº16

Mulleres do textil recolle as vivencias de todas as mulleres que formaron parte da empresa textil Regojo, pilar da economía redondelá dende 1937 a 1978. Mantiveron xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións para crear unha obra de teatro que representará o grupo de teatro Reboreda no vindeiro mes de xuño.

Redondela presenta o proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL”

A alcaldesa, Digna Rivas, explicaba que “cando chegou as miñas mans esta iniciativa non dubidei en apoiala, pois pon en valor as mulleres traballadoras de Redondela e sobre todo de aquelas mulleres que traballaron en Regojo e forman parta da historia viva do municipio. Moitas delas comezaron a traballar con 14 anos e teñen vivencias moi importantes para a memoria de Redondela. É importante para este goberno recoñecer o traballo da muller e recuperar os espazos que lles negaron no relato histórico oficial”.

Este non será un evento tradicional, pois a proposta estará relacionada co carácter do proxecto. Para iso o grupo de teatro Reboreda secuenciará e dividirá, en distintos puntos do acto, escenas breves da obra empregando os achados que obtiveron nos encontros.   Ademais, estará presente profesorado dos institutos redondelás para contar a súas experiencias traballado a historia de Regojo co seu alumnado e como reaccionan estes ao coñecemento que adquiren sobre a súa vila.

“Un evento completo no que aprender sobre a historia de Redondela e no que haberá representación do sector educativo para aportar a súa perspectiva a hora de explicar e ensinar a memoria dun pobo. Algo moi importante e que está mudando na actualidade, pois moitos docentes deciden traballar cada vez máis dende a mirada da igualdade”, conclúe Rivas.

- Publicidade -spot_img