spot_img
InicioVal MiñorBaionaViaxar no tempo en Baiona e visitar a Carabela Pinta de 1492...

Viaxar no tempo en Baiona e visitar a Carabela Pinta de 1492 xa é posible coa realidade virtual

Viaxar no tempo en Baiona e visitar a Carabela Pinta de 1492 xa é posible coa realidade virtualViaxar no tempo con realidade virtual e visitar a Carabela Pinta de 1492 xa é posible Baiona. Unha experiencia inmersiva á Carabela Pinta onde o visitante pode interactuar con elementos virtuais.

Revista COUSAS DE Nº15

A princiipios de outubro a Casa dá Navegación pechaba as súas portas unhas semanas para a posta a punto do espazo museístico a través dunha reforma promovida polo proxecto europeo “Exploraterra”, encargado de divulgar as grandes travesías transoceánicos peninsulares da historia.

Unha vez concluídas as obras de adapatación, a Casa dá Navegación de Baiona acaba de presentar unha experiencia de realidade virtual coa que os seus visitantes poderán mergullarse no interior da famosa Carabela Pinta, pero non una calquera, senón a do ano 1492. Un salto no tempo de máis de cinco séculos que permitirá coñecer as reviravoltas da navegación e a vida a bordo naquela época.

Ao acto de presentación do novo espazo museístico da Casa da Navegación de Baiona, realizado a través dunha reforma promovida polo proxecto europeo “Exploraterra”, encargado de divulgar as grandes travesías transoceánicos peninsulares da historia, acudiron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a Xefa dá Área de Calidade e Proxectos Europeos, Laura González-Dopeso Portela, a concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Costas, a Directora da Casa da Navegación de Baiona, Rosa Vilar, acompañados de representantes da empresa XOIA Extending Reality.

“Entre as melloras e novidades no catálogo atopamos unha interesante actividade de realidade virtual, con preferencia para aquelas persoas con mobilidade reducida que non poden acceder ao museo flotante”, destacou durante a presentación o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Viaxar no tempo en Baiona e visitar a Carabela Pinta de 1492 xa é posible coa realidade virtual

“Viaxar no tempo, xa é posible en Baiona, o que abre as portas a unha nova forma de turismo, de cultura e de poñer en valor o noso patrimonio. Devolver á vida monumentos, espazos e elementos históricos para entender o patrimonio e o seu pasado de maneira visual é a gran aposta que fixemos desde o Concello de Baiona para achega máis ao público a xesta colombina, a nosa historia e o noso museo máis visitado. A visita á histórica Carabela Pinta converteuse nunha aventura aínda maior na que o visitante pode formar parte e interactuar nas contornas virtuais que se lle presentan”. conclúe o rexedor.

Horarios para esta tempada:

A Casa de Navegación permanecerá aberta de martes a sábado de 10:00 a 13:30 horas de mañá. e de 16:00 a 19:00 horas polas tardes. Os martes serán os días elixidos para o acceso gratuíto ao espazo (ademais do Día Internacional dos Museos e o Día do Turista)

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.