spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVerducido acolle o Campionato de españa de Novas Promesas con preto de...

Verducido acolle o Campionato de españa de Novas Promesas con preto de 500 deportistas

Verducido acolle o Campionato de españa de Novas Promesas con preto de 500 deportistasO Complexo Deportivo David Cal de Verducido abre a serie de competicións nacionais que se diputarán este ano nas pistas pontevedresas coa disputa da I Copa de España Sprint Novas Promesas Cadete sobre as distancias de 1.000 e 500 metros.

Revista COUSAS DE Nº17

Nesta competición participarán 474 deportistas, que representarán a 83 equipos. A delegación galega estará representada por 25 clubs e 174 padeeiros

O conxunto galego que máis padeeiros aliñará na saída será o Ría de Betanzos con 18 participantes, seguido polo Club As Torres Romaría Viquinga con 13 e o Náutico Firrete con 12.

A competición dará comezo sábado pola mañá coa celebración de sérielas contrarreloxo e semifinais para todas as categorías individuais, xa pola tarde poñeranse en xogo as medallas coas finais. O domingo termina o evento coa celebración das finais de embarcacións de equipo.
- Publicidade -spot_img