spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona nomea como Cronista da Vila a Anxo Rodríguez Lemos

Baiona nomea como Cronista da Vila a Anxo Rodríguez Lemos

O historiador Anxo Rodríguez Lemos recibe o recoñecemento do Concello de Baiona
O historiador Anxo Rodríguez Lemos (centro) recibe o recoñecemento do Concello de Baiona no 2022

A Comisión de Honores e Distincións do Concello de Baiona tamén aprobou onte a concesión de diferentes Símbolos e Distinciones Honoríficas, que se aprobarán definitivamente no próximo pleno municipal

Revista COUSAS DE Nº17

“Queremos recoñecer a aportación á vila desde diferentes ámbitos de persoas, entidades e agrupacións que levan moitos anos traballando ou con actividade en Baiona”, asegura o alcalde, Carlos Gómez Prado.

“Merecen un recoñecemento público, o seu traballo e legado fan grande e mellor unha vila como a nosa”, engade.

Ademais, hoxe aprobouse o nomeamento de Cronista da Vila a Anxo Rodríguez Lemos. O doctor en Historia e vecino de Baíña  ocupará esta responsabilidade que está vacante dende fai case 30 anos.

Os Símbolos e Distincións Honoríficas aprobadas son:

-Lazo de Honra á Asociación Folclórica Vila de Baiona.

-Lazo de Honra á Agrupación Musical de Belesar.

-Nomeamento do Espazo Público Manolo Ferreiro.

-Carabela de Ouro a Mari Carmen Ratel López e Manuel Goce Ratel, nai e fillo, pasado e futuro, do Establecemento Hosteleiro “Restaurante Naveira”.

-Carabela de Ouro a Dolores Barreiro Barreiro “Lola a do Peixe” e a Rafael Pereira Barreiro, nai e fillo do Establecemento Hosteleiro “Restaurante El Mosquito”.

-Lazo de Honra a José Joaquín Costas Miniño “Pepe Prais”.

-Medalla de Plata para o Baíña Fútbol Sala.

-Medalla de Ouro ao CEP de Sabarís.

-Medalla de Ouro ao CPI Cova Terreña.

-Lazo de Honra ao Coro de Homes “Voces Baionesas”.

-Medalla de Ouro ao Liceo Marítimo de Baiona.

- Publicidade -spot_img