O Complexo Deportivo David Cal de Verducido abre a serie de competicións nacionais que se diputarán este ano nas pistas pontevedresas coa disputa da I Copa de España Sprint Novas Promesas Cadete sobre as distancias de 1.000 e 500 metros.
Nesta competición participarán 474 deportistas, que representarán a 83 equipos. A delegación galega estará representada por 25 clubs e 174 padeeiros
O conxunto galego que máis padeeiros aliñará na saída será o Ría de Betanzos con 18 participantes, seguido polo Club As Torres Romaría Viquinga con 13 e o Náutico Firrete con 12.




