spot_img
InicioPontevedra e ÁreaValmiemprega, formará a 20 desempregados do Val Miñor en 'deseño gráfico e...

Valmiemprega, formará a 20 desempregados do Val Miñor en ‘deseño gráfico e promoción turística local’

Valmiemprega, formará a 20 desempregados do Val Miñor en 'deseño gráfico e promoción turística local'No Centro Neural de Gondomar inaugurouse o obradoiro de emprego Valmiemprega, que nesta tercera edición formará a 20 desempregados do Val Miñor en ‘deseño gráfico e promoción turística local’

Hoxe os 20 alumnos e alumnas que este venres inician a súa formación no Valmiemprega, recibiron a visita do Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, Ignacio López Chaves e de os alcaldes dos tres concellos, Francisco Ferreira de Gondomar, Juan González de Nigran e Angel Rodal de Baiona, os cales coincidiron en animar ao alumnado a “aproveitar a oportunidade de formarse e acceder a un traballo”

Este obradoiro de emprego está promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración cos concellos mancomunados do Val Miñor.

López-Chaves animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo” e especial fincapé fixo no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego, destacando os 135 millóns de investimento en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. “O obxetivo do Goberno autonómico é rebaixar a taxa de desempleo por debaixo do 10%” destacou López Chaves

Gondomar, Baiona, Nigrán, benefícianse destes programas, que contan cun período de formación de nove meses e un contrato laboral posterior de alomenos 3 meses

Respecto ao Valmiemprega, a Administración autonómica destina a este taller, no que se formarán 20 desempregados en promoción turística local e información ao visitante e deseño gráfico e multimedia, preto de 290.000 euros. Entre as propostas, figuran o deseño gráfico para a comunicación da comarca e o desenvolvemento do potencial turístico do Val Miñor.

Novidades dos obradoiros duais

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Valmiemprega, formará a 20 desempregados do Val Miñor en 'deseño gráfico e promoción turística local'
Valmiemprega- Aula de deseño gráfico
Valmiemprega, formará a 20 desempregados do Val Miñor en 'deseño gráfico e promoción turística local'
Valmiemprega-Aula de promoción turismo local
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.