spot_img
InicioVal MiñorBaionaVal Miñor financiará clases particulares e apoio psicológico gratuítos a alumnado vulnerable...

Val Miñor financiará clases particulares e apoio psicológico gratuítos a alumnado vulnerable en dificultade académica

Val Miñor financiará clases particulares e apoio psicológico gratuítos a alumnado vulnerable en dificultade académicaEste ‘Programa Píllara’ nace da proposta das respectivas ‘Unidades de Acompañamento e Orientación’ dos tres municipios co obxectivo de acadar un éxito escolar máis equitativo e inclusivo

A Xunta da Mancomunidade aprobou esta semana a consignación de 30.000 € durante este ano para poder estrear o innovador ‘Programa Píllara’, dirixido a custear clases particulares e apoio psicolóxico a alumnado vulnerable con dificultades académicas.

Revista COUSAS DE Nº13

Esta iniciativa nace da proposta das respectivas ‘Unidades de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar’ (UACO)  dos tres municipios co obxectivo de acadar un éxito escolar máis equitativo e inclusivo na comarca (estas unidades forman parte da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia que, con carácter experimental, se crearon no 2021 cos fondos europeos do Plan Recupera e que aquí están dirixidas polo orientador do IES Val Miñor, en Nigrán, Eduardo Ares; a orientadora Sara González, do IES Primeiro de Marzo, en Baiona; e Begoña Recondo, docente de Auga da Laxe, en Gondomar

“Trasladáronnos esta petición porque detectaron a necesidade deste recurso na comarca ao non existir entidades sociais que traballen especificamente estes aspectos e, loxicamente, aos tres alcaldes nos pareceu moi acertado porque xogamos un papel fundamental para garantir a inclusión social da veciñanza”, explica o rexedor de Nigrán e presidente da Mancomunidade, Juan González, quen sinala que, unha vez xa consignados os cartos, estableceranse contactos coas respectivas academias de ensinanza de cada concello. “Trátase de alumnado con familias en situación de dificultade económica e maiormente preferirá acudir á que lle quede máis preto da casa, como calquera outro estudante, por iso está aberto a todas”, subliña. Pola súa banda, un profesional da psicoloxía se desprazará a un espazo municipal en cada concello para atender aos usuarios.

O ‘Programa Píllara’ beneficiará a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato de todos os centros educativos da comarca (públicos e concertados) sempre que a súa familia se atope en situación de vulnerabilidade económica e presenten claras dificultades escolares. Así, o perfil do usuario é aquel que procede de familias en risco de exclusión social ou é atendida polos Servizos Sociais, con rendas moi baixas, desestructuradas social ou familiarmente, ou con calquera outro factor que condicione negativa e gravemente a súa inclusión educativa. Atendendo a cada perfil, as UACO interveñen no alumnado vulnerable e con diferentes dificultades, como aquel en risco de abandono escolar temperán, sometido a tutela ou medidas de protección, procedente do estranxeiro ou familias itinerantes, absentista, vítima de acoso ou ciberacoso, afectado por motivos de saúde ou con diversidade…

O obxectivo é que durante este verán xa poidan acudir a cadansúa academia privada e recibir tamén apoio psicolóxico se o precisan, para que así, ao inicio do curso 2022/23 o ‘Programa Píllara’ estea perfectamente establecido e organizado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.