spot_img
InicioVal MiñorBaionaV Open Vila de Baiona de Pesca Subacuática 2023

V Open Vila de Baiona de Pesca Subacuática 2023

V Open Vila de Baiona de Pesca Subacuática 2023
Presentación oficial da proba no Salón de Actos do Concello de Baiona

Este é o quinto ano que se celebra o campionato de pesca submarina OPEN VILA DE BAIONA organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, un dos máis antigos e numerosos de Galicia, coa colaboración do Concello de Baiona.

Revista COUSAS DE Nº17

Nesta proba competirán as catro categorías, Senior, Veteranos, Mulleres e sub23, obtendo trofeo os tres primeiros de cada categoría, o Campión absoluto da proba e ao deportista que consiga a peza maior deste campionato.

As edicións anteriores foron todo un éxito xa que contamos con varios campións de España, campións galegos, deportistas chegados de toda Galicia e varias comunidades autónomas que xa a teñen nas súas axendas ano tras ano. Federacións como a Madrileña, Asturiana ou Cántabra acoden todos os anos ao Campionato.

O faro de Cabo Silleiro pode converterse nun hotel
Faro Vello de Silleiro

Os case 300 kg de peixe conseguido na anterior edición foron doados integramente á beneficencia, o mesmo que se fará nesta edición.

O 22 de abril, ás 9 da mañá entrarán no mar todos os deportistas, tendo lugar a concentración e saída no Antigo Faro de Silleiro, para unha xornada de 5 horas de auga. Posteriormente procederase ao peso e medición das tallas das capturas e a entrega de trofeos e unha comida de confraternización entre todos os deportistas.

Durante toda a semana serán numerosos os deportistas e os seus familiares que veñan visitar o Concello de Baiona para poder participar así o sábado nesta competición que xa é todo un clásico no circuíto de campionatos de pesca submarina Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.