spot_img
InicioO SalnésArousaGreenpeace organiza en Vilagarcía un acto sobre os océanos coa proxección de...

Greenpeace organiza en Vilagarcía un acto sobre os océanos coa proxección de ‘Santuario’, dos irmáns Bardem

Greenpeace organiza en Vilagarcía un acto sobre os océanos coa proxección de ‘Santuario’, dos irmáns BardemA organización escolle Vilagarcía para celebrar a consecución dun Tratado que vai protexer o 30% da alta mar tras máis de dúas décadas de campaña

Revista COUSAS DE Nº17

A organización ecoloxista Greenpeacecelebrará o vindeiro sábado 22 de abril en Vilagarcía un acto co que quere celebrar o histórico acordo acadado en Nacións Unidas o pasado 4 de marzo para crear un Tratado dos Océanos. Malia que aínda debe ser ben perfilado e ratificado polos países, o acordo proporcionará por fin un camiño para crear áreas total ou altamente protexidas nos océanos do mundo. Para iso, Greenpeace proxectará o documental ‘Santuario’ no Salón García ás 19:30h con entrada de balde até completar aforo e instalará unha mesa informativa en varios puntos da cidade.

O documental, dirixido por Álvaro Longoria e protagonizado polos irmáns Carlos e Javier Bardem, conta a historia de como conseguir crear o meirande santuario mariño da Terra na última zona virxe do planeta, o Océano Antártico. Os protagonistas viaxaron a bordo do Arctic Sunrise, barco de Greenpeace, para ser testemuñas de como a ciencia, a política e as redes sociais se combinaron para impulsar unha campaña e conseguir que millóns de persoas apoiasen unha iniciativa que dependía tan só de decisións políticas.

Unha vez proxectado o documental, membros da organización facilitarán un debate no que explicarán a exitosa e longa campaña da que formou parte a gravación de ‘Santuario’, e que levou á consecución dun Tratado Global dos Océanos tras dúas décadas de negociacións.

Ao tempo, o voluntariado de Greenpeace, que foi moi importante para levar a campaña á cidadanía, instalará unha mesa informativa ese mesmo sábado (11-14h na Praza de Galicia e 18-20h fronte ao Salón García) para achegar a organización ecoloxista ás persoas interesadas en colaborar.

- Publicidade -spot_img