spot_img
InicioVigo e áreaVigoStartup Congress Galicia chea Vigo de emprendedores, startups e investidores co apoio...

Startup Congress Galicia chea Vigo de emprendedores, startups e investidores co apoio de Zona Franca

Startup Congress Galicia chea Vigo de emprendedores, startups e investidores co apoio de Zona FrancaO delegado do Estado participou na inauguración e asegurou que “o apoio aos emprendedores está no noso ADN porque elas e eles son o inicio de grandes proxectos, de tecido empresarial e de economía”

Revista COUSAS DE Nº17

Startup Congress Galicia reúne durante dous días en Vigo a emprendedores, startups e investidores co apoio de Zona Franca, con máis de 700 persoas rexistradas de forma presencial, ademais das que se conectarán a través de Youtube. Na apertura, participaron o delegado do Estado, David Regades; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao.

David Regades asegurou que “o apoio aos emprendedores está no noso ADN porque elas e eles son o inicio de grandes proxectos, de tecido empresarial e de economía. De todo iso en Vigo sabemos un pouco”. Engadiu que “é un deber das administracións promover a colaboración público-privada e, desta forma, conseguir dar oportunidades a aqueles que empezan neste mundo do emprendemento”. Concluíu sinalando que “poñemos á vosa disposición distintas ferramentas, como incubadoras e aceleradoras, que vos faciliten entrar e coñecer mellor ese mundo”.

A xornada desenvolverase cun gran programa con charlas con tres salgas simultáneas con relatorios, keynotes, entrevistas, mesas de debate, pitches de investimento e entrega de premios ás tres mellores Startup. Un ano máis se realizarán charlas sectoriais onde se debaterá entre actores de cada sector sobre o futuro de diversas áreas.

Conta ademais coa presenza de empresas como Stellantis, Cinfa, Gebro Pharma, Visa, Mastercard, Cesmsa, Roberto Verino ou Grant Thortom. Entre as Sartups estarán Trison, Velca, Efimob, Devo, Getlife ou Ironchip.

Como relatores destacan a Aquilino Peña de Kibo Ventures, Dora Casal de Roberto Verino, Ricardo Muiños de Deloitte e a Luís Garay do fondo Samaipata

Nas mesas “O futuro de..” debaterase sobre como será a Industria do retail, a banca, a saúde, a fraude e ciberseguridade, a alimentación ou o turismo con representantes destacados destes ámbitos que expoñerán en mesas de debate as súas visións sobre os cambios que se produciron e estanse producindo. Dando unha expectativa de que depara o futuro nestes sectores.

Durante a tarde do xoves e a mañá do venres as aceleradoras Viagalicia, BFAero, BFAuto, Celta Labs, Abanca Innova, BFFood, High Tech Auto e Connector Startp Accelerator presentan as súas mellores empresas aceleradas a un extenso grupo de investidores que poderán dispoñer de espazos particulares para expoñer as súas necesidades e interese para atopar capital e poder sacar adiante a súa idea.

Unha das salas terá como contido máis de vinte workshops onde se expoñerá en charlas curtas duns trinta minutos diversos temas que son de gran interese para calquera empresa. Mecenado tecnolóxico. Unha vía innovadora para Startups e PEMES, Oportunidades e retos na nova lei de Protección ao Informante, Deseño dunha estratexia integral de propiedade industrial nunha Startup, Financiamento sen equity para acelerar o teu negocio: unha oportunidade de 90M€ de fondos, Financiamento público para startups, Financiamento Europeo, Como escalar unha startup, son algúns dos temas que se tratarán nestas pílulas informativas.

A partir de mediodía do venres producirase a clásica Laconnetwork.

Desde xaneiro de 2010 prodúcese unha concentración espontánea de emprendedores relacionados coas TIC. Cada último venres de mes, reúnense coa desculpa dunha comida informal, emprendedores que construíron o seu modelo de negocio sobre a rede.

Desde a primeira convocatoria deste acto, fóronse sumando participantes, chegando a máis de 1.000 asistentes rexistrados. O modelo está baseado en que calquera pode organizar unha Lacon mensual na súa zona, baixo dúas premisas moi simples: Cada un pagará o seu en modo fondo común e non se come sentado para propiciar o networking e a mobilidade dos asistentes. Desde o ano pasado pasa a denominarse Startup Congress co obxectivo de chamar a atención de empresas e investidores no ecosistema emprendedor Gallego. É unha iniciativa da Asociación Galega de Emprendedores.

- Publicidade -spot_img