spot_img
InicioPontevedra e ÁreaUniversidade e Mancomunidade Montes colaborarán para poñer en valor e divulgar a...

Universidade e Mancomunidade Montes colaborarán para poñer en valor e divulgar a natureza que rodea Vigo

Universidade e Mancomunidade de Montes asinarán en próximas semanas un convenio marco ao abeiro do que se desenvolverán accións concretas para poñer en valor a natureza que rodea Vigo e dar a coñecer á cidadanía o valor social e científico dos montes en mancomún.

Este foi un dos acordos acadados na reunión que nas últimas horas mantiveron o reitor e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e José Luis Míguez, e unha representación da directiva da Mancomunidade de Montes e da Comunidade de Montes de Beade.

O reitor reuniuse cos responsables da entidade, coa que se asinará un convenio marco
O reitor reuniuse cos responsables da entidade, coa que se asinará un convenio marco

“No prazo dun mes estaría preparado o convenio marco e logo faríamos convenios específicos para poñer en valor a natureza que rodea Vigo, coa realización dunha unidade didáctica, un vídeo e outro tipo de documento para dar a coñecer á cidadanía o valor dos montes de Vigo, que teñen moita importancia desde o punto de vista social e científico”, explica Manuel Reigosa, que lembra que esta accións se encadra nunha colaboración que dese hai tempo manteñen a Universidade e a Mancomunidade de Montes de Vigo.

Traballo conxunto para previr e erradicar o botellón

Na reunión celebrada nas últimas horas no despacho do reitor, tamén se abordaron os efectos colaterais que no parque forestal de Beade se produciron, despois que non se permitise a celebración no campus do botellón previsto co gallo da celebración de San Pepe. Neste sentido, confirmouse a participación de representantes da Mancomunidade de Montes nas xuntanzas previas que se celebran cando se confirma a previsión de organizar un botellón, unha práctica que o reitor asegura que “esperamos erradicar nos campus, nos tres, pouco a pouco, pero espero que poidamos logralo”, asegura Reigosa.

- Publicidade -spot_img