Tras un voo de case cinco días sobre o Pácifico, o Solar Impulse 2 arribou en Honolulú (Hawai). Partira de Xapón o último domingo
Co veterano piloto suízo Andre Borschberg ao mando, a aeronave,impulsada exclusivamente por enerxía solar, despegou o domingo último ao tres da tarde desde o aeroporto de Nagoya (centro de Xapón) e arribou hoxe a Hawai despois de percorrer algo máis de 8.200 quilómetros sobre o Océano Pacífico.
Inicialmente, o SE2 despegara o 30 de maio de Nankín (China) co obxectivo de voar directo até Hawai. Con todo, unhas horas despois de partir, a misión debeu realizar unha escala non prevista en Xapón polas malas condicións meteorolóxicas. A aeronave, entón, permaneceu un mes en Xapón, á espera de bo tempo. Finalmente, o domingo pasado despegou para seguir a súa viaxe ao redor do mundo.
Neste último tramo da travesía, Borschberg rompeu a marca mundial de voo en solitario, superando a anterior marca, establecida por Steve Fossett ao navegar 76 horas e 45 minutos en 2006.
Borschberg viaxou só nunha cabina non presurizada de 3,8 metros cúbicos. Nas ocasións en que viaxou a alturas de máis de 9.000 metros debeu usar tanques de osíxeno para respirar.
O SE2 partiu de Abu Dhabi no principio do ano nun intento de voar ao redor do mundo para concientizar achega do uso de enerxías limpas.
Clarin//A.



