spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acollerá en setembro o I Vertiatlón Solidario

Baiona acollerá en setembro o I Vertiatlón Solidario

Baiona-acollerá-setembro-primeiro-Vertiatlón-Solidario

Baiona acollerá o próximo 12 de setembro o I Vertiatlón Solidario, un evento organizado polo Monte Real Club de Yates e o concello de Baiona co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon.

A competición deportiva terá o deseño dun tríatlon sprint e incluirá tres probas de natación, ciclismo e carreira a pé que se desenvolverán na baía de Baiona e en varias rúas da vila mariñeira o próximo 12 de setembro

Trátase dunha competición deportiva que terá o deseño dun tríatlon sprint e incluirá tres probas de natación, ciclismo e carreira a pé que se desenvolverán na baía de Baiona e en varias rúas da vila mariñeira. Os participantes deberán completar 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo.

O evento solidario está organizado polo Monte Real Club de Yates e o concello de Baiona co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon

A cota de inscrición é de 25 euros, e todo o diñeiro que se recade irá destinado integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que desde hai anos presta servizo a diversas asociacións de persoas discapacitadas de Galicia.

Todo o diñeiro que se recade coas inscricións dos participantes irá destinado á Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real Club de Yates

O prazo de inscrición abrirase o próximo 15 de xullo a través da web da Federación Galega de Tríatlon. Haberá varias categorías xerais e unha categoría especial para os empadroados no Concello de Baiona.

Os primeiros clasificados absolutos masculino e feminino recibirán, como premio, un seguro anual para automóbil por cortesía de Verti Seguros; e entre todos os participantes sortearanse, ademais, outro oito seguros.

Baiona-acollerá-setembro-primeiro-Vertiatlón-Solidario

Un percorrido pola vila de Baiona

O I Vertiatlón Solidario de Baiona iniciarase coa proba de natación, na que os participantes deberán cubrir a nado a distancia que separa as praias de Barbeira e A Ribeira. Ambos os areais atópanse no núcleo urbano da vila de Baiona, aos pés da muralla que rodea a península de Monte Boi, separadas polas instalacións do Monte Real Club de Yates.

Ao finalizar o percorrido a nado, os participantes collerán as súas bicicletas nas pistas de baloncesto da zona da Palma e prepararanse para a segunda das probas, a ciclista, que incluirá catro voltas entre dous das rotondas que dan acceso a Baiona, a do Baredo e a de Santa Marta.

A última das probas do tríatlon sprint será a de carreira a pé, e disputarase nun dos lugares máis visitados de Baiona, o Parador Nacional. Os deportistas deberán completar dúas voltas ao recinto amurallado da península do Monterreal, tamén coñecida como península de Monte Boi.

A competición empezará ao cinco da tarde e a entrega de premios celebrarase ao oito nas instalacións do Monte Real Club de Yates.

Baiona-acollerá-setembro-primeiro-Vertiatlón-Solidario

A Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates

O diñeiro que se recade coas inscricións do I Vertiatlón Solidario de Baiona irá destinado integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, creada no 2012 para achegar o mundo da vela a persoas con discapacidade.

Tras uns primeiros anos prestando servizo a asociacións e agrupacións do Val Miñor, Tomiño e A Guarda, na actualidade a escola busca expandirse co obxectivo de poder ofrecer estes cursos de navegación adaptada a centros de toda Galicia.

- Publicidade -spot_img