Inicio O Morrazo Bueu FECIMO lanza o portal "Vive o Morrazo" en colaboración cos concellos de...

FECIMO lanza o portal “Vive o Morrazo” en colaboración cos concellos de Bueu, Cangas e Moaña

FECIMO-lanza-portal-Vive-Morrazo-colaboración-concellos-Bueu-Cangas-Moaña

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO-presentou  o seu ambicioso proxecto “Vive O Morrazo” – www.viveomorrazo.com, un portal turístico que pretende situar no mundo online a comarca do Morrazo, amosando toda a súa riqueza natural, patrimonial e de ocio.

Trátase do primeiro portal turístico do Morrazo que reúne os atractivos dos tres concellos

Ademáis, os recursos recopilados amósanse ubicados nun mapa interactivo navegable por capas, onde o usuario pode escoller o que ver segundo as súas necesidades. Os servizos locais (edificios administrativos, centros de saúde, transporte, aparcadoiros, etc.) tamén están localizados para a súa consulta. En cada recurso amplíase unha ficha informativa con fotografías e información relevante.

A oferta gastronómica e de aloxamento tamén está representada no portal, adicándolle as seccións “CÓMETE O MORRAZO” e “QUÉDATE NO MORRAZO”, e amosando os resultados con ficha descritiva e ubicación, de igual xeito que os demáis recursos.

A información complétase cun calendario de eventos que recollerá o que vaia acontecendo en cada vila ao longo do tempo.

A páxina Vive O Morrazo pretende ser colaborativa e estar en constante mellora polo cal, tanto os datos dos recursos como os da axenda poden ser aportados tamén polos usuarios.

A oferta comercial e de promocións corre a cargo de FECIMO, creando o apartado “COMPRA NO MORRAZO”, unha páxina adxunta (www.compranomorrazo.com) onde poder consultar tanto as empresas asociadas, como a publicación de ofertas e tamén as actividades que está levando a cabo a federación no Morrazo.

Paralelamente, FECIMO está a desenvolver unha aplicación para os sistemas Android e IOS con toda a información recollida na páxina para que sexa máis doado a navegación dende os dispositivos móbiles.
FECIMO anima aos usuarios e entrar en www.viveomorrazo.com e agarda que esta ferramenta sexa de utilidade tanto para o público visitante como para os residentes das vilas de Bueu, Cangas e Moaña, que con ela poden descubrir e disfrutar de todo o que lles ofrece a súa contorna.

Vive O Morrazo seguirá activo nas redes sociais de facebook e twitter como ata agora, nas que reune xa a máis de 5000 seguidores en conxunto.

Ademáis, FECIMO reeditou os seus mapas impresos comarcais, revisando e mellorando o seu deseño. No anverso pode verse o mapa da península en conxunto e no reverso os rueiros dos tres concellos, indicando os servizos máis importantes. Estarán a partir de hoxe disponibles nas oficinas de Turismo dos tres concellos e serán repartidos tamñén nos establecementos de hostalaría asociados.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies