spot_img
InicioBaixo MiñoUnha vintena de profesionais da xardinería visitarán os viveiros tomiñeses

Unha vintena de profesionais da xardinería visitarán os viveiros tomiñeses

unha-vintena-de-profesionais-da-xardineria-visitaran-os-viveiros-tomineses

Acubam acolle este sábado, 11 de febreiro, una visita de 20 profesionais de Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería) para amosarlles os viveiros de Tomiño, e celebrar unha xornada técnica.

Dende Acubam explican que a finalidade desta nova actividade é a de achegar a asociación de cultivos ao sector da xardinería en particular, e dar a coñecer ao mesmo tempo, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que se celebra os días 4 e 5 de marzo en Goián.

O programa previsto comezará ás 10 da mañá e rematará ás 19.00. O punto de encontro será Coplant (Comercializadora de Planta Ornamental), situada preto da Ponte Internacional (Goián). A partir de alí, visitarase os viveiros Corema, Galiplant, Río Tollo, Da Barxa e Nilo. Tras o xantar, o percorrido continuará polos viveiros Casaíta, Rocha e Vidaplant.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.